Mónica López Alonso, máis coñecida como Mónica Alonso, nada na Fonsagrada o 8 de outubro de 1970, é unha artista galega.
Traxectoria Mónica Alonso licenciouse en Belas Artes na Universidade de Salamanca en 1994. Posteriormente, doutorouse en Belas Artes na Universidade de Vigo coa tese El espacio doméstico en la escultura contemporánea 1985-1995, dirixida por Mónica Ortúzar González
Recibiu diferentes bolsas artísticas entre as que destacan, a Beca de Creación Artística Unión Fenosa, que lle permitiu viaxar a Nova York para investigar no estudio do artista Vito Acconci. Tamén realizou diferentes residencias de artistas entre as que destacan: Residencia Capacete (Río de Xaneiro) e The Townhouse Gallery (O Cairo).
En 1997 realizou unha exposición individual na Sala Montcada da Fundación La Caixa. En 2002 expuxo de xeito individual no CGAC de Santiago de Compostela. En 2011 o Museo Provincial de Lugo realizou unha retrospectiva da súa obra, “Mónica Alonso. Obras (1994-2011)”.
Ao longo da súa traxectoria, Mónica Alonso ten experimentado coas propiedades terapéuticas da cor, como no proxecto Terapia Habitación de Hospital no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Tamén investigou sobre as percepcións cromáticas das mulleres de Lugo ou sobre a percepción cromática do alumnado do campus de Ourense, o que deu lugar a mostra Todxs somos únicxs.
A súa obra está presente no Centro Galego de Arte Contemporánea, no Museo Provincial de Lugo e coleccións particulares como o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa ou a Colección Abanca.
En 2022 foi Premio da Crítica de Galicia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Mónica Alonso na Colección Abanca Compilación de bibliografía en pintoresgallegos.com Teoría Psicoespacio
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados na Fonsagrada Categoría:Artistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Escultores de Galicia