Luís González-Redondo Maseda, nado en Mondoñedo, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Jorge González-Redondo Serrano. Foi nomeado alcalde de Mondoñedo en 1974. Permaneceu no cargo até as primeiras eleccións democráticas. Nas eleccións xerais de 1979 foi candidato número 3 de Alianza Popular pola provincia de Lugo,La Voz de Galicia, 13-1-1979, p. 20. pero non resultou elixido. Foi presidente da xunta local de AP de Mondoñedo, cargo de que dimitiu en 1983.La Voz de Galicia, 6-4-1983, p. 38. Foi presidente de Cáritas Interparroquial de Mondoñedo.

Vida persoal

Casou con María de la Luz Neira Rodríguez. Notas

Categoría:Avogados de Galicia

Categoría:Alcaldes de Mondoñedo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados no século XX