Manuel Lage Castrillón, nado en Ortigueira en 1867 e finado en Mondoñedo o 20 de novembro de 1939, foi un militar e político galego.
Traxectoria Comandante de Infantaría retirado asentado en Mondoñedo, foi director da sucursal do Banco da Coruña en Mondoñedo. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Mondoñedo pola autoridade militar e elixido alcalde o 17 de xaneiro de 1924.El Pueblo Gallego, 27-1-1924, p. 11.Nova Galicia, 28-3-1924, p. 1. Permaneceu no cargo até 1927. Logo foi concelleiro de Mondoñedo.El Heraldo Gallego, 27-5-1928, p. 3.
Recoñecementos Foi nomeado Fillo adoptivo de Mondoñedo na sesión do Concello de 26 de xaneiro de 1929.Renovación, 2-2-1929, p. 2.
Vida persoal Casou en primeiras nupcias con Justa Álvarez Prieto, e logo da súa morte volveu casar con Sergia Tapia Leivas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas D. Manuel Lage Castrillón, hijo adoptivo de Mondoñedo
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Alcaldes de Mondoñedo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1939