Ramón Martínez González de Insua, coñecido como Ramón Martínez Insua, nado en Santiso de Abres e finado en Mondoñedo o 12 de maio de 1932, foi un empresario, artista e político galego.
Traxectoria Fillo de Juan Martínez Rocha e Manuela González Fernández. Habilitado do clero mindoniense, foi tallista, debuxante e inventor. En 1888 esculpiu unha estatua de Santa Catarina para o Seminario de Mondoñedo e en 1896 un busto de mármore do bispo Sarmiento.El Lucense, 24-8-1896, p. 2. Foi presidente da Adoración Nocturna de Mondoñedo.Boletín Eclesiástico del Obispado de Mondoñedo, 10-4-1911, p. 11. En 1911 apareceu na revista Industria e Invenciones a recensión dun seu invento: un forno intermitente, mixto, con grella móbil, sistema Martínez, para a obtención de cal graxa. Leal a Avelino Montero Villegas, foi concelleiro de Mondoñedo dende principios de século, foi primeiro tenente alcalde, e en marzo de 1916 fíxose cargo da alcaldía de Mondoñedo.El Progreso, 29-3-1916, p. 1. Foi nomeado alcalde de Mondoñedo por Real Orde en xuño de 1916.La Correspondencia Gallega, 26-6-1916, p. 3. Volveu ser elixido alcalde a principios de xaneiro de 1918.El Progreso, 6-1-1918, p. 1. En marzo de 1918 presentou a súa dimisión irrebogable a causa dun incidente por un comiso de fariñas.El Progreso, 5-3-1918, p. 2. Foi escultor e pintor e mestre de escultura e pintura. Experto arqueólogo, foi membro da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.
Vida persoal Casou en Mondoñedo con Francisca Arias Galán. Viúvo, volveu casar o 22 de abril de 1896 con Enriqueta Huerta Carranque, mestra privada de nenos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas ¡Invención!
Categoría:Escultores de Galicia
Categoría:Alcaldes de Mondoñedo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración
Categoría:Nados en Santiso de Abres Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1932