Joaquín Basanta Gayoso, nado en Adelán (Alfoz do Castrodouro) cara a 1837 e finado en Mondoñedo o 31 de marzo de 1921, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Avogado en Mondoñedo. En 1880 foi nomeado pola Deputación de Lugo administrador en propiedade da Casa-Maternidade de Mondoñedo.El Diario de Lugo, 12-5-1880, p. 1. Foi alcalde de Mondoñedo de 1895 a 1897.El Lucense, 9-7-1896, p. 2. Suscitou unha polémica na prensa luguesa a raíz da prohibición da representación en Mondoñedo da obra Juan José de Joaquín Dicenta durante as San Lucas de 1896.La Voz de Galicia, 30-10-1896, p. 1.El Lucense, 31-10-1896, p. 1-2.El Lucense, 2-11-1896, p. 2.El Diario de Galicia, 6-11-1896, p. 2. Finou en Mondoñedo o 31 de marzo de 1921 con 83 anos.La Voz de Mondoñedo, 4-4-1921, p. 2. Notas

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes de Mondoñedo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Alfoz do Castrodouro Categoría:Nados en 1837 Categoría:Finados en 1921