Saturnino Álvarez Sotelino, coñecido como Saturnino de Goriño, nado en Mondariz e finado en Guillarei (Tui) o 6 de agosto de 1936, foi un mecánico e político galego.

Traxectoria miniatura|250px|Monumento aos asasinados na Volta da Moura. Fillo do mestre de Mondariz Emilio Álvarez Táboas.El Pueblo Gallego, 16-1-1935, p. 10. Mecánico aveciñado no Porriño, onde o seu irmán José era propietario do Bar Derby. Na República foi detido en abril de 1934 con Félix González Ordóñez acusados do repartimento de follas clandestinas,El Pueblo Gallego, 28-4-1934, p. 10. pero foron amnistiados en xullo dese ano. En maio foi detido con Severiano Castillo Alonso, Modesto Martínez Lemos, Albino Fernández Castro, Camilo Fernández Castro, Ventura Fernández Castro, Manuel Rodríguez Sequeiros, Evaristo Freiría Fernández e Atilano Fernández Gamallo, polos sucesos do apedreamento e rotura de cristais da igrexa parroquial do Porriño o 1 de maio, que deribou nun conflito con folga xeral e carga dos gardas de asalto.El Pueblo Gallego, 25-5-1934, p. 11. Xulgados en Pontevedra ante o Tribunal de Urxencia, foron absoltos.El Pueblo Gallego, 26-5-1934, p. 13. Con Adriano González Docampo e José Gómez Gayoso promoveu en novembro de 1934 unha Comisión para a recollida de fondos para os nenos orfos con motivo da revolución de Asturias.El Pueblo Gallego, 21-11-1934, p. 11. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi asasinado na Volta da Moura o 5 de agosto de 1936 con Víctor Valverde Mayo e José Juan Teijeira Coto. A súa muller Carmen Torres foi detida; xulgada en Vigo por auxilio á rebelión foi condenada a 15 anos de prisión, posteriormente conmutados a 3 anos, saíndo en liberdade o 15 de decembro de 1942.Carmen Torres na páxina web Nomes e Voces.

Vida persoal Casou con Marina Carmen Torres Carrera en xaneiro de 1935,El Pueblo Gallego, 7-11-1934, p. 11. coa que tivo dous fillos, Emilio e Carmen Álvarez Torres.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Mondariz Categoría:Finados en 1936