Antofagasta () é unha comuna e unha cidade do litoral do norte do Chile. Xeografía Limita ó sur con Taltal, ó norte con Sierra Gorda, Mejillones e San Pedro de Atacama, ó oeste co océano Pacífico e ó leste coa Provincia de Salta, na Arxentina.
Administración Capital da Provincia de Antofagasta e capital rexional da Rexión de Antofagasta, segundo o censo nacional, realizado no 2002 polo Instituto Nacional de Estatísticas de Chile, Antofagasta era a quinta cidade máis poboada do país con 285.255 habitantes, por detrás de Santiago, Valparaíso, Concepción e La Serena, e na última proxección demográfica levada a cabo polo INE no 2009, indicaba que a cidade tiña unha poboación estimada de 360.473 habitantes.
Historia miniatura|dereita|Juan López, primeiro habitante de Antofagasta. Obra de Osvaldo Ventura López. Foi fundada en 1870 e era parte de Bolivia, foi ocupada en 1879 polos chilenos e despois da Guerra do Pacífico continuou no poder dos chilenos.
Economía A cidade de Antofagasta encóntrase intimamente ligada á actividade mineira, sendo a zona mineira por excelencia do país. Na última década presentou un sostido crecemento nas áreas de construción, comercio, hospedaxe hoteleira, aumento demográfico, e un notable desenvolvemento urbano.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Cidades de Chile