Nicholas James MacDonald Patrick, nado en North Yorkshire o 22 de marzo de 1964, é un astronauta británico-estadounidense retirado que formou parte das misións STS-116 e STS-130.

Traxectoria Patrick graduouse en enxeñaría pola Universidade de Cambridge en 1990 e é máster en enxeñaría mecánica polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts no mesmo ano, cun doutoramento na mesma materia pola mesma institución en 1996.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en 1998, participando nas misións STS-116 e STS-130 e pasando un total de 26,62 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-116 STS-130

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Yorkshire Norte Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts