Alan Goodwin "Dex" Poindexter, nado en Pasadena, California, o 5 de novembro de 1961 e finado o 1 de xullo de 2012, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-122 e STS-131.
Traxectoria Poindexter graduouse en enxeñaría aeroespacial polo Instituto de Tecnoloxía de Georgia en 1986 e era máster en enxeñaría aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados en 1995.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1998, participando nas misións STS-122 e STS-131 e pasando un total de 27,88 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-122 STS-131
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1961 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Nados en Pasadena, California