Charles Joseph Precourt, nado en Waltham, Massachusetts, o 29 de xuño de 1955, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-84, STS-71, STS-55 e STS-91.

Traxectoria Precourt graduouse en enxeñaría aeronáutica pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1977 e é máster en xestión de enxeñaría pola Universidade Golden Gate en 1988. Tamén é máster en estudos estratéxicos e temas de seguridade nacional pola Facultade da Guerra da Armada dos Estados Unidos en 1990.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1990, participando nas misións STS-84, STS-71, STS-55 e STS-91 e pasando un total de 38,84 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-84 STS-71 STS-55 STS-91

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Massachusetts