Mesoplodon perrini, coñecido na bibliografía internacional co nome de zifio de Perrin, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,Mesoplodon perrrini Dalebout, Mead, Baker, Baker & van Helden, 2002 no WoRMS. Consultado o 3 de xaneiro de 2021.Mesoplodon perrini Dalebout et al., 2002 en MSW. Consultado o 3 de xaneiro de 2021. unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.Masoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 3 de xaneiro de 2021.

É a especie de zifio máis recentemente descrita. Espécimes varados en 1975 nas costas de California foron identificadas inicialmente como Mesoplodon hectori. Estudos posteriores de ADN demostraron que correspondían a unha nova especie, describíndose no ano 2002.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita, como quedou dito, en 2002, polo zoólogo e biólogo mariño australiano Merel L. Dalebout e colaboradores.

Etimoloxías Para a do xénero ve Mesoplodon.

O epíteto específico, perrini, é unha homenaxe que os descritores dedicaron ao cetólogo William F. Perrin.

Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñceuse tamén polo sinónimo: Mesoplodon hectori Mead, 1981 (identificación errónea)

Características A combinación de pequeno tamaño, aparencia e coloración, fai pouco probábel unha confusión. Os espécimes varados puideron ser identificados pola súa secuencia de ADN e/ou detalles anatómicos do cranio. Os machos adultos miden uns 4 m de lonxitude, e as femias uns 4,5.

Distribución e poboación Até agora só se encontraron algúns espécimes na costa de California, entre San Diego e Monterey. Non existen estimacións da súa poboación nin o seu estado de conservación.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dalebout, M. L.; J. G. Mead, C. Scott Baker, A. N. Baker & A. L. van Helden. (2002). "A new species of beaked whale Mesoplodon perrini sp. n. (Cetacea: Ziphiidae) discovered through phylogenetic analyses of mitochondrial DNA sequences". Marine Mammal Science 18: 577-608. Perrin, William F.; Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. Cambridge, Massachusetts, USA: Academic Press. ISBN 0-1255-1340-2. Reeves, Randall R.; Brent S. Steward; Phillip J. Clapham & James A. Owell (2002): Sea Mammals of the World. Londres: A & C Black. ISBN 0-7136-6334-0. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Zifíidos Mesoplodon

Ligazóns externas Mesoplodon perrini. Perrin's beaked whale na ADW. Con abundante información e bibliografía . Perrin's Beaked Whale. Mesoplodon perrini Dalebout, Mead, Baker, Baker & van Helden 2002 na EOL .

Categoría:Ziphiidae Categoría:Cetáceos do océano Pacífico Categoría:Animais descritos en 2002