O virapedras común, ás veces píllara riscada, píllara raiada, píllara raxada ou virapedras (Arenaria interpres) é unha ave da orde Charadriformes, familia Scolopacidae.
Descrición A súa plumaxe é marrón, canela, negra e branca. Durante a época de reprodución as femias portan na cabeza e o pescozo un patrón rechamante branco e negro. É unha ave solitaria que como moito forma pequenos grupos que defenden o seu territorio.
Distribución Aniña en Escandinavia, sendo visible nas costas galegas durante o inverno. Mide uns 22 cm e pesa ó redor dos 110 g. Rechoncha, de plumaxe, pescozo e bico curtos, ten este último levemente torto cara a arriba e a xeito de cuña.
Atópase doadamente nas costas rochosas ou areeiras, procurando o seu alimento na baixeira (zona que fica ó descuberto entre mareas). Ten especial habilidade en escavar ou en voltear cunchas, pedras e refugallos á procura de crustáceos, moluscos ou ovos de peixes.
A especie Arenaria melanocephala habita na costa do Pacífico de Norteamérica.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Galería de paxaros
Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Aves de Galicia