Antonio Francés Carpintero, nado no Porriño en 1908 e finado en Tomiño o 22 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de José Francés González e irmán de José Francés Carpintero. Militante do PSOE. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e procesado na causa 574/36. Foi paseado no Alto de Tebra, no monte Salgueiró da parroquia de Santa María de Tebra de Tomiño o 22 de setembro co seu irmán Eleazar, José Groba Domínguez, José Groba Rodríguez e José Rocha.

Vida persoal Casou con María Rodríguez González, e foi pai de María Elena e Adelina Francés Rodríguez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos