O pul (paxta: پول; persa: پل) é a moeda divisionaria equivalente á centésima parte do afgani, a unidade monetaria oficial da República Islámica de Afganistán."Pul". En Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura, Madrid. Páxina 151. ISBN 978-84-8181-405-7"World Currencies: Afghani". Online Coin Club.

Desde a reforma monetaria de 2002, non existe a súa especie física."World Currencies: Afghani". Online Coin Club.

Historia O pul ten o seu antecedente nunha antiga moeda de cobre da mesma denominación propia do mundo persa e do Cáucaso, cuñada entre os séculos XIII e XVIII."1 Pūl - Tsewang Rabtan". Numista.com

Ata 1925, a moeda de Afganistán era a rupia afgá, que estaba dividida en paisa. En 1925, a rupia foi substituída polo afgani, que, pola súa vez, foi subdividido en 100 puls.

No momento da súa introdución, a moeda dun pul era de cobre e pesaba un gramo, en tanto que a de 10 pul pesaba 6 gramos."Afghani". Encyclopaedia Iranica.

As moedas emitidas con esta denominación entre 1925 e teñen os valores de 1, 2, 3, 5, 10, 20, 25 e 50 puls."Afghanistán. 100 Pul = 1 Afghani". Numista.com

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Afgani

Categoría:Moedas de Afganistán Categoría:Moedas divisionarias