Ángela Pardo Celada, nada en Becerreá o 11 de marzo de 1904 e finada en Lugo o 25 de setembro de 1988,Gurriarán (2006)La Voz de Galicia, Lugo, 28-9-1988, p. 31.Fernández (2021) foi unha xinecóloga galega.

Traxectoria Era filla de José Pardo Alfonso, un xinecólogo de ideoloxía liberal. En 1920 trasladouse a Madrid para estudar Odontoloxía, vivindo na Residencia de Señoritas. Logo cambiou para estudar Medicina, carreira que acabou en 1927,Fernández (2019) especializándose en xinecoloxía e puericultura. En 1930 marchou a Alemaña para continuar a súa formación. Ao seu regreso traballou como auxiliar no Laboratorio de Fisioloxía, dirixido por Juan Negrín, en Madrid e foi médica interina na maternidade de San Carlos, traballando con Manuel Varela Radio catedrático de Obstetricia na Universidade Central. Realizou os estudos de doutoramento nos laboratorios da Facultade de Medicina de Madrid, presentando a súa tese de doutoramento Contribución al estudio de la colesterina en 1940.

En 1940 abriu unha consulta privada en Lugo, onde estaba cando estalou a Guerra Civil, e que compaxinou co traballo na Seguridade Social onde chegou a ser Xefa do Servizo de Xinecoloxía no Hospital Xeral.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Fernández García, María Isabel; Noya, Ana María González; Maneiro, Marcelino Maneiro; Fórneas, Esther Gómez; Silva, Laura Rodríguez; Méndez, Lara Rouco (2019). "Abrindo camiños: as nosas pioneiras de ciencias". (Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019, 2019, ISBN 978-84-9749-758-9, págs. 99-112.

Fernández García, Isabel (2021). Pioneiras de Ciencias de Lugo . Editorial: Asociación Colectivo Egeria ISBN: 978-84-09-31713-4

Ligazóns externas Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega. MULLERES GALEGAS E CIENCIA NA REDE FORMATIVA UNIVERSITARIA en Cultura Galega

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Médicos de Becerreá Categoría:Nados en Becerreá

Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1988