O árabe libio (en ; Lībī) é unha variedade do árabe falado principalmente en Libia e en zonas adxacentes dos seus países veciños. O árabe libio pode dividirse en dúas variedades importantes: a oriental, centrada en Benghazi e Beida, e a occidental centrada en Trípoli e Misrata. A variedade oriental esténdese máis aló das fronteiras do país e comparte o mesmo dialecto co oeste de Exipto. A variedade do sur, centrada en Sabha é semellante á variedade occidental. Outro dialecto do sur tamén se estende máis aló das fronteiras ata o norte de Níxer. Segundo datos de 2016 tiña 6 millóns de falantes en Libia (2016) e 90.000 en Exipto.Dialects of Arabic: Maghreb dialects, dans: The Arabic Language, Edinburgh University Press (2001), páxinas 164–169
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Roger Chambard, Proverbes libyens recueillis par R. Ch., ed. by Gilda Nataf & Barbara Graille, París, GELLAS-Karthala, 2002 [pp. 465–580: index arabe-français/français-arabe]- Eugenio Griffini, L'arabo parlato della Libia – Cenni grammaticali e repertorio di oltre 10.000 vocaboli, frasi e modi di dire raccolti in Tripolitania, Milán: Hoepli, 1913 (reprint Milán: Cisalpino-Goliardica, 1985) Christophe Pereira, Le parler arabe de Tripoli (Libye), Zaragoza: Instituto de Estudios Islámicos y del oriente próximo, 2010
Categoría:Lingua árabe Categoría:Linguas de Libia Categoría:Linguas de Exipto