Antonio Requeni, nado en Buenos Aires o 8 de setembro de 1930, é un xornalista e escritor arxentino.
Traxectoria
Pasou os primeiros anos en Valencia e comezou os estudos de profesor na Escola Normal Mariano Acosta e a Universidade de la Plata. Foi elixido membro da Academia Arxentina de Letras en 1998. En 1958 foi bolseiro en París e é membro da Fundación Argentina para la Poesía, onde orienta e traballa nas Coleccións do selo de Lidia Vinciguerra.
Traballou no diario La Prensa desde 1958 ata 1994, xubilándose como secretario de redacción. Colaborou en xornais arxentinos e estranxeiros. Foi correspondente de Radioprogramas Hemisferio de La Voz de las Américas (Estados Unidos) e dirixiu a revista Italpress. Tamén fixo crítica bibliográfica en La Nación.
A poesía de Antonio Requeni xorde na década dos 50 do século XX, na Arxentina, no medio de movementos culturais que poxaban por afianzarse e marcar unha nova tendencia. Antonio Requeni é un poeta de luz, poeta que escribe sobre sobre a beleza, sobre a verdade, sobre o simple da vida e o paso do tempo, nunha linguaxe diáfana, con aire de lenda ou crónica dun susceso, reflexivo, con claridade conceptual e voz persoal.
Os temas que percorren a súa poesía son a celebración do amor e a natureza, a nostalxia da infancia, a melancólica deterioración dos anos, o misterio, a beleza e a morte.
O Boletín Galego de Literatura publicou Un poeta arxentino en Galicia: González Carbalho, de Antonio Requeni, traducido por Blanca Ana-Roig.
Obra
Poesía
Luz de sueño (1951) Camino de canciones (1953). El alba en las manos (1954). La soledad y el canto (1956). Umbral del horizonte (1960). Manifestación de bienes (1965). Inventario (1974). Antonio Requeni (1977). Selección e prólogo de Ángel Mazzei. Ediciones Culturales Argentinas Línea de sombra (1986). Poemas 1951-1991 (1992). Antología poética (1996). El vaso de agua (1997). La palabra en el tiempo (2017). Antoloxía poética, selección de Francisco José Cruz, col. Palimpsesto, Carmona-Sevilla.
Prosa
Los viajes y los días (1960). Crónica de viaxe. El pirata Malapata (1974). Contos infantís. Cronicón de las peñas de Buenos Aires (1985). Travesías (1997). Diálogos con Olga Orozco e Gloria Alcorta
Premios
I Premio Municipal de Poesía I Premio Municipal de Ensayo Ricardo Rojas Laurel de Plata a la Personalidad del Año (rubro de poesía) do Rotary Club de Buenos Aires Pluma de Plata do Centro Arxentino do PEN Club Premio Esteban Echeverría de Gente de Letras Faja de Honor da SADE Ferrovia dello Stato de Roma 1953: Premio da Sociedad Argentina de Escritores por Camino de canciones. 1989: República de Italia: título de cavaliere ufficiale. 1996: O Fondo Nacional das Artes seleccionouno entre os dez poetas vivos máis importantes da Arxentina. 1997: Premio Konex dúas veces (en literatura de testemuño e xornalismo cultural)
2010: Gran Premio de Honra da Asociación de Escritores Arxentinos para a poesía. 2020: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Entrevista en 2005
Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Poetas da Arxentina Categoría:Xornalistas da Arxentina