Antonino Luis Castro Mosquera, nado en Ribadumia cara a 1896 e finado no mesmo concello o 8 de setembro de 1938, foi un xuíz de paz e político galego.
Traxectoria Veciño de Barrantes. Cursou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, pero non rematou a carreira. Foi un dos fundadores do Umia F. C. en novembro de 1923.La Noche, 29-11-1962, p. 8. Foi nomeado xuíz muncipal de Ribadumia en decembro de 1923.Faro de Vigo, 16-12-1923, p. 4. Fixo as oposicións a secretarios de concello en 1934.Gaceta de Madrid, 30-12-1934, p. 2589. Foi xuíz de paz en Barrantes e secretario de Izquierda Republicana de Ribadumia.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 eludiu unha tentativa de detención no seu domicilio, logrou embarcar en Vilagarcía de Arousa e marchar a Buenos Aires. Desde alí pasou a Francia. Volveu ao Madrid republicano para ser intervido dun cancro e regresou a Francia. Xa moi enfermo, a través da Cruz Vermella Internacional, puido volver a súa casa de Barrantes en 1938, morrendo ao pouco tempo, o 8 de setembro.El Diario de Pontevedra, 9-9-1938, p. 2. A súa muller Carmen Carbó foi depurada no seu posto de mestra.
Vida persoal Casou con María del Carmen Carbó Velilla e foi pai de María Eva, Esther, Alberto e María de los Remedios Castro Carbó.
Notas
Categoría:Xuíces de Galicia
Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Ribadumia
Categoría:Finados en 1938 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1896 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos