María Dolores Ramos Duarte nada en Fontebalán, no concello de Mondariz, o 1 de agosto de 1971, é unha filóloga e tradutora galega que traduce do galego ao español, francés e alemán.

Traxectoria Licenciouse en Filoloxía Hispánica en 1994 pola Universidade de Santiago de Compostela. É coautora do método pedagóxico de aprendizaxe de linguas Bótate a falar.

Como tradutora, ten competencia para verter ao galego e ao castelán texto importados do portugués, do alemán e do francés.

Obras traducidas Jacques o fatalista, de Denis Diderot (BIVIR) A relixiosa de Denis Diderot (BIVIR) Pel de lixa de Honoré de Balzac (BIVIR) A princesa de Clèves, de Madame de La Fayette (BIVIR) O demo no corpo, de Raymond Radiguet (BIVIR) Tartufo, de Molière (coed. Edicións Positivas e Centro Dramático Galego, 2017)Positivas estrea unha colección de teatro en parcería co CDG, Nós Diario, 27 de xaneiro de 2017.

Vida persoal Na actualidade viven en Basilea con dous fillos (Brais Jequier Ramos e Lois Jequier Ramos).

Notas

Véxase tamén Outras ligazóns Perfil en Translatorscafe .

Categoría:Tradutores do francés Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Mondariz Categoría:Nados en 1971