Agrupaciones Independientes de Canarias foi unha federación de partidos políticos de ámbito canario existente desde 1985 até a súa integración en Coalición Canaria.
Historia O partido foi fundado en 1985 co nome de Federación Regional de Agrupaciones Independientes de Canarias, consistindo na unión de distintos partidos e agrupacións de ámbito insular, procedentes na súa maioría da antiga Unión de Centro Democrático (UCD). O 23 de abril de 1986 cambiaron o seu nome ao de Agrupaciones Independientes de Canarias. En 1987 uníuselle a Unión Canaria de Centro. Tratábanse de agrupacións de centro-dereita e insularistas.
En 1993, xunto a Iniciativa Canaria Nacionalista (ICAN), Asamblea Majorera (AM), Partido Nacionalista Canario (PNC) e Centro Canario Independiente (CCI) formaron Coalición Canaria (CC). Con todo, en 1994, Independientes de Fuerteventura (IF) e a Agrupación Independientes de Lanzarote (transformada no Partido de Independientes de Lanzarote (PIL)) abandonan tanto Agrupaciones Independientes de Canarias como Coalición Canaria.
Logrou representación parlamentaria nas eleccións xerais de 1986 e nas de 1989. Foi disolto definitivamente durante o Congreso de Coalición Canaria celebrado o 18 e 19 de maio de 2005, no cal todos os partidos integrantes desapareceron e CC converteuse en partido único.
Integrantes Dentro desta agrupación integráronse: Agrupación Tinerfeña de Independientes (ATI) Agrupación Palmera de Independientes (API) Agrupación Gomera de Independientes (AGI) Independientes de Fuerteventura (IF) Agrupación Independientes de Lanzarote (AIL), aínda que este último acabou abandonando a organización.
Notas
Categoría:Partidos políticos das Canarias Categoría:Partidos nacionalistas canarios