Carmen García Amo, nada en Torrecilla de la Orden (Valladolid) o 11 de xuño de 1905 e finada en Madrid en 1995,Pintos (2016) foi unha química e farmacéutica.
Traxectoria Estudou Química na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en 1927. Trasladouse a Madrid e ingresou no Laboratorio de Investigaciones Físicas, e asistiu ás clases prácticas de Química-Física, Electroquímica e Electroanálise baixo a dirección de Enrique Moles. Despois traballou na Sección de Electroquímica, dirixida por Julio Guzmán, con quen traballou até 1932 na busca de metais baratos para substituír o platino en electroanálise, e onde coincidirá con María Patrocinio Armesto. Neste tempo tamén impartiu clases na Residencia de Señoritas.
Tras a guerra civil foi depurada como docente até 1942, ano no que obtivo a licenciatura de Farmacia. En 1949 comezou a tese doutoral no Departamento de Bioquímica da Facultade de Farmacia de Madrid, baixo a dirección de Ángel Santos Ruiz con quen iniciou unha liña de investigación sobre estudos metabólicos do zinc. Foi responsable da sección de radioactividade do Instituto Español de Fisiología y Bioquímica do CSIC.
Foi socia da SEFQ desde 1929, e da Sociedad Española de Bioquímica (hoxe Sociedad Española de Bioquímica y Biología Molecular SEBBM).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Pintos, Xoana (2016): "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela. Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.
Ligazóns externas
Carmen García Amo no Dicionario Biográfico da RAH
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Científicos de España Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1995