Ya no estoy aquí é un filme mexicano de 2019 escrito e dirixido por Fernando Frías de la Parra. Está protagonizado por Juan Daniel García Treviño e Angelina Chen, e o elenco componse de actores non profesionais. O guión foi completado en 2013, e orixinalmente foi publicado como unha historia curta antes de ser adaptado a unha longametraxe. O filme estreouse nos cinemas o 27 de febreiro de 2020 e recibiu valoracións positivas por parte da crítica. Tamén se estreou a través de Netflix o 27 de maio de 2020. Foi escollido como candidato de México para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, chegando a clasificarse na lista curta de febreiro.

Personaxes Juan Daniel García Treviño como Ulises Sampiero Jonathan Espinoza como Jeremy Angelina Chen como Lin Coral Puente como Chaparra Adríana Arbelaez como Gladys Leonardo Garxa como Pekesillo Yahir Alday como Sudadera

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar Filmes de México propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes de México