John Evans, nado o 17 de novembro de 1823 en Burnham, Buckinghamshire, e finado o 31 de maio de 1908 en Berkhamsted, Herrtfordshire, foi un arqueólogo, numismático e xeólogo inglés.Hugh, C. (ed.) (1911).

Traxectoria John Evans era o terceiro dos seis fillos do reverendo Arthur Benoni Evans (1781-1854), un escritor e erudito amplo coñecedor de linguas clásicas e modernas, e de Anne Dickinson."Sir John Evans's Family Life - His Early Years". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum. Aos 17 anos comezou a traballar na compañía de produción de papel John Dickinson & Co. Ltd. en Nash Mills, no condado de Hertfordshire, que fora establecida polo seu tío (e máis tarde sogro) John Dickinson (1782-1869), quen tamén era o seu socio principal. En 1850 John Evans foi admitido como novo socio da compañía e desde entón xa non se retirou da súa xestión ata 1885."Sir John Evans the Papermaker". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum.

Ademais da atención aos seus negocios, John Evans foi un salientable anticuario, arqueólogo, numismático e xeólogo. Ao longo da súa carreira presidiu as seguintes institucións académicas e científicas:"Sir John Evans: Learned Societies and Awards". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum.

Sociedade de Anticuarios de Londres (1885-1892). Real Sociedade Numismática (1874-1908). Sociedade Xeolóxica de Londres (1874-1876). Instituto Antropolóxico de Gran Bretaña e Irlanda (1877-1879). Sociedade da Industria Química (1891-1893). Asociación Británica para o Avance da Ciencia (1897-1898).

esquerda|miniatura|300x300px|John Evans (6º pola dereita de pé), con outros membros da Royal Society, nun gravado de 1885. En 1864 foi elixido membro da Royal Society, institución da que foi tesoureiro durante dúas décadas (1878-1898)."Fellow details: Evans; Sir; John (1823 - 1908) ". The Royal Society.

En tanto que presidente da Sociedade de Anticuarios de Londres, Evans tiña atribuído o posto de administrador do Museo Británico, e despois mantivo este posto con carácter permenente ata a súa xubilación en 1898. Logo da doazón feita polo seu fillo, Arthur Evans, este museo alberga unha colección de antigüidades da Idade de Ferro procedentes das escavacións que John Evans fixo xunto con John Lubbock no sitio arqueolóxico de Hallstatt, en Austria."Sir Arthur John Evans". The British Museum.

A maior parte da súa ampla colección arqueolóxica foi doada, tamén polo seu fillo, ao Museo Ashmolean, da Universidade de Oxford. Entre as pezas máis salientables están as xoias anglosaxoas coñecidas como "Cruz de Ixworth" e "Fibela de Tostock"."Sir John Evans's Artefact Collection". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum. Os seus fondos bibliográficos foron doados á Biblioteca Bodleian e hoxe forman parte da Biblioteca Sackler, da Universidade de Oxford."Evans's Book Collection". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum.

Recoñecementos As súas honras académicas inclúen graos honoríficos por diversas universidades (Oxford, Dublín, Cambridge, Toronto etc.) e foi nomeado membro correspondente ou membro honorario de entidades de países como Francia, Luxemburgo, Portugal, Italia, Irlanda, os EEUU, Canadá, Bélxica e Mónaco.

(1880): Medalla Lyell, da Geological Society of London."Lyell Medal. Past Winners". The Geological Society. (1881): High Sheriff of Hertfordshire."Papers of John Evans as High-Sheriff of Hertfordshire". The National Archives. (1887): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1892): Cabaleiro da Orde do Baño.

Vida familiar miniatura|271x271px|John evans na súa ancianidade. John Evans casou en tres ocasións, enviuvou dúas delas e tivo seis fillos. A súa primeira muller foi Harriet Ann Dickinson, filla do inventor e empresario John Dickinson e de Ann Grover. Neste primeiro matrimonio tivo cinco fillos:"Sir John Evans's Family Life - Marriages". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum."Sir John Evans's Family Life - Children". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum.

Arthur John Evans (1851-1941), conservador do Museo Ashmolean e arqueólogo particpante nas escavacións da Creta minóica."Evans, Sir Arthur John (1851-1941)". Oxford Dictionary of National Biography. Lewis Evans (1853-1930), continuador dos negocios familiares e coleccionista de instrumentos científicos que acabaron formando o núcleo da colección do Museo da Historia da Ciencia, en Oxford. Philip Norman Evans (1854-1893), químico, traballador da empresa familiar. Alice Evans (1856-1882), casada co terratenente e filántropo William Minet (1851-1933). Harriet Ann Evans (1857-1938), casada cun membro da familia de editores Longman.

A súa primeira muller morreu o 1 de xaneiro de 1858 e Evans casou entón cunha curmá dela, Frances Phelps, nada en 1826 e que faleceu o 22 de setembro de 1890.

O 9 de xullo de 1892, John Evans casou con Maria Millington Lathbury (1856-1944), coa que tivo unha filla, Dame Joan Evans, unha recoñecida historiadora da arte medieval francesa e inglesa, autora dunha biografía familiar.Evans, D. J. (1943)."Evans, Dame Joan (1893-1977)". Oxford Dictionary of National Biography.

Publicacións miniatura|337x337px|John Evans (1860). Account of Some Rare and Unplublished Ancient British Coins. John Evans é autor de máis de 140 artigos en revistas de arqueoloxía e numismática,"John Evans F.R.S., F.S.A., F.G.S.". Archaeology Data Service (ADS). ademais de diversos traballos monográficos, dos que varios foron no seu día foron considerados como referencias no seu ámbito:"Evans, John 1823-1908". WorldCat Identities."Evans, John 1823-1908 ". Digital Library Numis.

(1860). Account of Some Rare and Unplublished Ancient British Coins. Numismatic Society of London. (1861). An account of a hoard of ancient British coins discovered in the neighbourhood of Frome. Separata de The Numismatic Chronicle. Numismatic Society of London. (1862). Flint Implements in the Drift. Londres. (1863). Account of a hoard of Roman coins found near Luton, Bedfordshire. Numismatic Society of London. (1864). The Coins of the Ancient Britons. Smith, Londres. (1864). Instruments de silex dans le diluvium. Jeunet, Amiens. (1872). The Ancient Stone Implements, Weapons and Ornaments of Great Britain. Longmans, Green & Co., Londres. [2ª ed. revisada en 1897]. (1876). Petit album de l'âge du bronze de la Grande Bretagne. Longmans, Green & Co., Londres. (1881). The Ancient Bronze Implements, Weapons and Ornaments of Great Britain and Ireland. Longmans, Green & Co., Londres. (1885). Anniversary address to the Numismatic Society of London, June 18, 1885. Numismatic Chronicle, Londres. (1890). Address of John Evans, Esq., D.C.L., LL.D., F.R.S. : president of the Society of antiquaris of London, delivered at their anniversary meeting, April 23, 1890. The Society of Antiquaries, Londres. (1893). Hydriotaphia, urn burial: with an account of some urns found at Brampton in Norfolk (con T. Browne). Whittingham & Co., Londres. (1900). The origin, development and aims of our scientific societies. W. Trounce, Londres. (1901). A popular history of the ancient Britons or the Welsh people from the earliest times to the end of the nineteenth century. E. Stock, Londres.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Evans, D. J. (1943). Time and Chance: The Story of Arthur Evans and His Forebears. Longmans, Green & Co., Londres. [Reedición: Greenwood Pub., 1974. ISBN 978-0837147376] Hugh, C. (ed.) (1911). "Evans, Sir John". En Encyclopaedia Britannica. 11ª ed. Cambridge University Press. McGregor, A. (2008). Sir John Evans 1823-1908: Antiquity, Commerce and Natural Science in the Age of Darwin. Ashmolean Museum. ISBN 978-1854442376

Ligazóns externas Sir John Evans Centenary Project

Categoría:Nados en 1823 Categoría:Finados en 1908 Categoría:Nados en Buckinghamshire Categoría:Arqueólogos do Reino Unido Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Xeólogos do Reino Unido Categoría:Presidentes da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Prehistoriadores Categoría:Coleccionistas