O Centro de Transfusión de Galicia é un centro dedicado á medicina transfusional. É un órgano dependente de Axencia de Doazón de Sangue e Órganos, pertencente á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Encárgase de almacenar, procesar, xestionar e distribuír o sangue e outros compoñentes sanguíneos derivados (hemoderivados) entre os hospitais e centros sanitarios de Galicia. Funciona ininterrompidamente durante as 24 horas do día. Está localizado no Campus Sur de Santiago de Compostela.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Transfusión de sangue Transfusión de plaquetas Doazón de sangue Axencia de Doazón de Sangue e Órganos Ligazóns externas Páxina web da Axencia de Doazón de Sangue e Órganos
Categoría:Medicina transfusional Categoría:Organismos da Xunta de Galicia