Frederic William Madden, nado o 9 de abril de 1839 en Londres e finado o 21 de xuño de 1904 en Brighton, foi un numismático inglés vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, considerado unha autoridade na moeda romana, xudía e cristiá."Obituary. Frederic William Maiden". En American Journal of Numismatics. 39. Nº 4 (abril de 1905). Páxina 119.

Traxectoria Frederic W. Madden foi o maior dos seis fillos de Frederic Madden (1801-1873), un anticuario e paleógrafo que traballaba como conservador nesa institución, e da súa muller, Emily Sarah Robinson (1813-1872). Madden naceu nas propias instalacións do Museo Británico, onde a súa familia tiña a súa residencia.RNS (1905). Páxina 27.Caygill, M. L. (2004).

Logo de cursar a súa educación primaria e secundaria nas escolas Merchant Taylors, St Paul e Charterhouse, foi contratado como asistente polo Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico en 1861, onde permaneceu ata 1868, cando tivo que renunciar logo dunha investigación sobre a venda dunhas copias de moedas romanas.

Despois Madden traballou en varias exposicións internacionais. En 1874 foi nomeado secretario e bibliotecario do Brighton College, en Brighton, Sussex oriental, e de 1888 a 1902 foi o bibliotecario xefe da Biblioteca Pública da cidade.

Madden foi elixido membro da Royal Numismatic Society en 1858 e en 1860 foi nomeado secretario da institución, de cuxo xornal Numismatic Chronicle foi editor adxunto entre 1860 e 1868. En 1898 foi nomeado membro honorífico desa sociedade. Tamén pertenceu á Royal Asiatic Society desde 1877, e a diversas entidades académicas en Norteamérica.RNS (1905). Páxinas 27-28.

Frederic William Madden estaba casado con Elizabeth Sarah Rannie, con quen tivo catro fillos. Faleceu en Holt Lodge, Brighton, o 21 de xuño de 1904.

Recoñecementos (1896): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.RNS (1905). Páxina 28.

Publicacións (1861). The Handbook of Roman Numismatics. Russell Smith, Londres. (1864). The History of Jewish Coinage and Money in the Old and New Testaments. Quaritch, Londres. (1866). Coins of the two revolts of the Jews . Royal Numismatic Society, Londres. (1975). Jewish Numismatics. Royal Numismatic Society, Londres. (1881). Coins of the Jews [serie International Numismata Orientalia, parte 7]. Trübner, Londres. (1889). A dictionary of Roman coins. Republican and Imperial (con W. Stevenson e C Roach Smith). Bell and Sons, Londres.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Caygill, M. L. (2004). "Madden, Frederic Madden (1839-1904)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. RNS (1905). The Numismatic Chronicle. Vol. 5. Royal Numismatic Society. Páxinas 27-28.

Ligazóns externas Documentos de Frederic Williem Madden en The National Archives

Categoría:Nados en 1839 Categoría:Nados en Londres Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Personalidades sen imaxes