A igrexa de San Salvador de Manín é o templo parroquial de Manín, Lobios. Foi construída orixinalmente na aldea de Manín, de arquitectura Barroca, baixo a advocación de Santa Eufemia.
Descrición No ano 1764 foi trasladada a Aceredo, ficando en Manín a parte da sancristía que se converteu na capela da aldea en honra a Santa Eufemia. En Aceredo é ampliada con naves laterais e sancristía para formar unha cruz.
Pola Semana Santa, en Aceredo, facíase un viacrucis ao redor da igrexa, no terreo onde estaba o adro.
En Aceredo, aínda sendo a igrexa parroquial e de advocación a San Salvador, celebrábase o Santiago e a Santa Ana, santos locais.
En 1992 foi desmontada pedra a pedra para salvala do encoro de Lindoso e trasladada á súa nova localización na Travesa, entre Ludeiros e Compostela, moi preto da casa da Escusalla. Nesta nova localización venérase a San Salvador e é coñecida coma a igrexa de San Salvador de Manín.
É coñecida polos veciños coma a igrexa viaxeira ou transhumanteJosé Lamela Bautista. Historiador, escritor e xornalista..
Nunha cota máis baixa atópase o cemiterio de San Salvador de Manín.
Retablo Conta cun importante retablo e altares barrocos.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Lobios Manin