Jaione Camborda Coll, nada en Donostia (Guipúscoa) o 1 de marzo de 1983, é unha guionista e directora de cine vasca.

Traxectoria Filla dun traumatólogo peruano e dunha enfermeira catalá. Estudou Comunicación Audiovisual en Madrid e, despois, formouse nas escolas de cine en Praga e Múnic.

Dende 2010 vive e traballa en Santiago de Compostela e en 2011 creou a produtora Esnatu Zinema. Estivo asociada co Novo Cinema Galego, traballando como directora de arte ou como produtora en O ouro do tempo (estreada en Karlovy Vary, República Checa) e Verengo (estrea no Festival internacional de cinema independente de Buenos Aires, BAFICI).

Tamén traballou como directora de arte en Las altas presiones que gañou, en 2015, o Premio Las Nuevas Olas no Festival de Cine de Sevilla. En 2019 realizou a súa primeira longametraxe, Arima, que foi presentada de novo no Festival de Cine de Sevilla, ademais de recibir o premio. En 2023 acadou a Cuncha de Ouro do Festival de Donostia co filme O corno.

En 2024 nos Mestre Mateo acadou os premios de mellor dirección e mellor guión, por O corno e tamén o Premio da Crítica de Galicia no mesmo ano.

En 2026 Premio Pedigree de Honra no Festival de Cans.

Obras DataTítuloFormatoParticipaciónPremios2023O corno LongametraxeDirectoraCuncha de Ouro no Festival Internacional de Cine de Donostia.2019ArimaLongametraxe de ficciónDirectora Guionista

ProdutoraPremio á mellor dirección en Nuevas Olas no Festival de Sevilla

Premio á mellor película no IX Festival Márgenes de Madrid.2015Proba de axilidadeCurtametraxeDirectora Produtora2015NimbosCurtametraxeDirectora Produtora2015LilitCurtametraxe Directora2017OnsLongametraxe de ficciónGuionista2014Os fenómenosLongametraxe de ficciónGuionistaMellor guión no Festival de Cine de Fortaleza Mestre guión na XIIIª edición Premios Mestre Mateo (xunto con Alfonso Zarauza)2017Rapa das bestasCurtametraxeDirectora Produtora2015VerengoLongametraxe documentalProdutora2017Tempo verticalLongametraxeDirectora de arte2014Las altas presionesLongametraxe de ficciónDirectora de arteNuevas Olas Cine Europeo de Sevilla Festival Internacional de Cine de Busán: Sección: Flash Forward.2015O ouro do tempoLongametraxeDirectora de arte2014EncalladosLongametraxeDirectora de arte

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Jaione Camborda no Zumzeig Cinema Ficha en FilmAffinity

Categoría:Directores de cinema do País Vasco Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Donostia Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor dirección