Unha enxeñeira ou científica en cada cole é unha iniciativa desenvolvida pola Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela posto en marcha por Eva Aguayo Lorenzo e Encina Calvo Iglesias, co fin de visibilizar as mulleres nas disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas), coa realización de obradoiros dirixidos ao alumnado de primaria dos colexios públicos do Concello de Santiago de Compostela. A actividade púxose en marcha no ano 2016, no marco do convenio de colaboración en materia de igualdade de xénero entre o Concello de Santiago de Compostela e a USC, e conta xa con dez edicións. Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia o día 11 de febreiro de 2022, a Universidade de Santiago de Compostela abre a todos os centros de educación primaria galegos a inscrición en modalidade virtual no programa.
Os obradoiros impartidos por profesoras e investigadoras da USC e do CESGA inclúen distintas disciplinas :
Informática visual aplicada á bioloxía. Impartido por Eva Cernadas profesora da Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial e investigadora do CITIUS. Coas mates pódense gardar segredos. Impartido por Elena Vázquez Abal, profesora da Área de Xeometría e Topoloxía da USC. Falando cos superordenadores. Impartido por Mª José Rodríguez Malmierca e Natalia Costas, investigadoras do CESGA. Xogando coa luz. Impartido polas profesoras e investigadoras Maite Flores, Ana Isabel Gómez Varela e Carmen Bao da Área de Óptica da USC. Buscando estrelas. Impartido por Josefina Ling profesora de Astronomía da USC e investigadora do Observatorio Astronómico Ramón María Aller. So facemos química cando imos ao laboratorio?. Impartido polas profesoras Mª Raquel Domínguez González do Departamento de Química Analítica e Ana Mª García Deibe do Departamento de Química Inorgánica da USC. A túa pegada no planeta. Impartido pola profesora Almudena Hospido e Laura Roibás, do Departamento de Enxeñería Química da USC. Aprendendo Química a través da Realidade Virtual e a Realidade Aumentada. Impartido por Rebeca García Fandiño, investigadora do CiQUS. Intelixencia artificial: O significado da intelixencia. Impartido pola profesora María Jesús Taboada Iglesias da Área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da USC. A programación é cousa de nen@s. Impartido pola profesora Paula López Martínez do Departamento de Electrónica e Computación e investigadora do CITIUS. A Maxia da Química. Impartido por Mª Dolores Pérez, profesora do Departamento de Química Orgánica da USC e directora adxunta do CiQUS, Laura Acevedo e Noela Torrente, técnicas superiores de apoio á investigación do CiQUS da USC. Exploramos para que non nos conten trolas?, impartido pola profesora Paula Saavedra Nieves. Luz, cor e sombra. Impartido polas profesoras Elena López Lago e Dolores Mouriz Cereijo da Área de Óptica da USC. Xogando con modelos matemáticos. Impartido polas profesoras Mª del Carmen Muñiz Castiñeira e Pilar Salgado Rodríguez do Departamento de Matemática Aplicada da USC. Lume no monte. Coordinado pola profesora Otilia Reyes Ferreira. Química ao noso redor impartido polas profesoras e investigadoras Mercedes Torneiro Abuín e María Tomás Gamasa. Mosaicos, grupos e baldosas: como deseñar o chan máis bonito do mundo, impartido pola profesora Ana Belén Rodríguez Raposo. Facendo economía rosquilla, impartido pola profesora Eva Aguayo Lorenzo. Química Divertida, impartido pola profesora Magdalena Cid Fernández. Será ou non será? Xogando coa probabilidade, impartido pola profesora e investigadora Rosa Crujeiras. Física Divertida. Impartido polas profesoras Mª José Pérez Comuñas, María Jesús García Guimarey e Encina Calvo Iglesias da Área de Física Aplicada da USC. En marzo de 2025 o programa e a súa coordinadora Encina Calvo Iglesias recibiron o recoñecemento da USC pola súa traxectoria en prol da igualdade de xénero na USC.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina web de Unha enxeñeira ou científica en cada cole Mulleres ninguneadas na Ciencia no programa Vivir Aquí da TVG, minuto 12:20 fala ala a coordinadora Encina Calvo Iglesias. Unha enxeñeira ou científica en cada cole no programa A tarde da Radio Galega, minuto 15 fala a coordinadora Encina Calvo Iglesias. Unha enxeñeira ou científica en cada cole 5ª Edición Categoría:Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Igualdade de xénero Categoría:Eventos en Galicia