Casares é un lugar da parroquia de Sanguñedo, no concello ourensán de Verea na comarca da Terra de Celanova. Tiña dezaseis habitantes no ano 2020, dos cales sete eran homes e nove eran mulleres.

Xeografía Este lugar dista da capital do concello 7,1 quilómetros pola estrada OU-0206.

Preto dos Casares, no monte de Outeiro, nace o regato de Quintela.

Toponimia O substantivo casar (a forma máis estendida é casal) procede do latín casale, á súa vez derivado do substantivo casa ‘choupana’, ‘casa de campo, granxa’, que acabou asumindo os significados que tiña en latín o substantivo domus ‘casa, residencia’. O termo casar debeu designar en orixe un conxunto de construcións precarias empregadas a xeito de alpendre ou cobertizo. Posteriormente, pasaron a se lle aplicar a un tipo de propiedade rural consistente nunha casa de campo coas dependencias auxiliares e mais as terras de labor, ou ben un pequeno agrupamento de casas no campo. De todos os xeitos, trátase dun topónimo moi abundante en todo o territorio galego, onde se rexistran máis de duascentas entidades de poboación que conteñen na súa denominación o substantivo casal e derivados do mesmo.

Lugares e parroquias

Lugares de Sanguñedo

Parroquias de Verea

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lugares de Verea

Categoría:Lugares de Verea