A ouguiya (en árabe: أوقية) é a unidade monetaria de Mauritania,"ouguiya*". En Digalego.gal dividida en cinco khoums. A actual ouguiya, con código ISO MRU, introduciuse en 2018 en substitución da vella ouguiya (código MRO), a razón dunha nova por cada dez vellas. "Introduction de la nouvelle Ouguiya". Banque Centrale de Mauritanie.

O seu nome deriva da pronuncia árabe hasaní da palabra uqiyyah – أُوقِية–, que significa "onza".

Antiga ouguiya A ouguiya (MRO) introduciuse como moeda oficial de Mauritania o 28 de xuño de 1973 en substitución do franco CFA, coa taxa dun ouguiya por cada cinco francos.Pazzanita, A. G. (2008).

Moedas esquerda|miniatura|105x105px|50 ouguiyas de 2010 miniatura|266x266px|Serie de moedas do sistema da Ouguiya de 2009 En 1973 puxéronse en circulación moedas de ⅕ de ouguiya (1 khoums) e de 1, 5, 10 e 20 ouguiyas. Este foi o único ano en que se emitiu a moeda fraccionaria."Old Ouguiya (1973-2018)". Numista.com

Estas moedas foron producidas na Casa da Moeda de Kremnica, en Eslovaquia. As derradeiras moedas desta serie cuñáronse entre os anos 2003 e 2004.

En 2009 producíronse cambios significativos, coa redución do tamaño da moeda dunha ouguiya en aliaxe de níquel (a anterior era de bronce) e a introdución dunha moeda bimetálica de 20 ouguiya, continuada pola de 50 ouguiya, tamén bimetálica, en decembro de 2010.

Billetes Tamén en 1973, o Banco Central de Mauritania emitiu billetes con valores de 100, 200 e 1.000 ouguiya."Mauritania: 20.06.1973 "Algerian Printer" Issue". Banknote.ws En 1974 púxose en circulación unha segunda serie cos mesmos valores, á que se lle engadiu o billete de 500 ouguiyas en 1979. Estas segunda serie foi producida pola compañía Giesecke & Devrient, de Múnic, Alemaña."Mauritania: 1974-2002 "Printer G&D" Issue". Banknote.ws miniatura|266x266px|Billete de 100 ouguiya de 2011 En 2004 cambiáronse os billetes mauritanos, con anversoa totalmente novos e cos deseños dos reversos actualizados e adaptados á redución xeral do tamaño dos billetes. Nesta nova serie introduciuse o valor de 2.000 ouguiyas."Mauritania: 2004-2009 Issue". Banknote.ws

No marco dunha actualización posterior de toda a serie, en agosto de 2010 púxose en circulación o novo billete de 5.000 ouguiyas, datado o 28 de novembro de 2009."Mauritania new 5,000-ouguiya note (B119) confirmed". BanknoteNews.com"Mauritania: 2011-2015 Issue". Banknote.ws

Nova ouguiya O 28 de novembro de 2017, no seu discurso co gallo da festa da independencia, o presidente mauritano, Abdel Aziz, anunciou a reforma do sistema monetario co obxectivo de lle dar un impulso á debilitada economía do país."Mauritanie 2018: monnaie allégée, changes et prix gonflés". En France 24. 2 de xaneiro de 2018. Iso levou consigo unha elevada inflación en decembro de 2017 de entre un 10 % e un 50 % en función dos produtos."Mauritanie: flambée des prix à l'approche de la réforme sur la monnaie". En rfi. 25 de decembro de 2017.

Logo dese anuncio, o 1 de xaneiro de 2018 inaugurouse unha nova versión da preexistente ouguiya, de xeito que dez das antigas pasaron a equivaler a unha das novas. De inmediato, uns novos billetes de polímero substituíron os anteriores.

Como consecuencia deste cambio, os códigos ISO para a ouguiya modificáronse a MRU / 929 e os preexistentes MRO / 478 foron retirados mediante a emenda ISO 4217 número 165, con data do 14 de decembro de 2017."ISO 4217 Amendement number 165. 14 December 2017". SIX Interbank Clearing Ltd.

A poboación mauritana dispuxo dun ano para cambiar os seus billetes. Durante os seis primeiros meses, puideron realizar esa operación nos bancos, nas oficinas de Facenda e nos establecementos de correos; na segunda parte do ano, o cambio realizouse exclusivamente no Banco Central. O cambio foi progresivo, de xeito que durante o primeiro mes foi a vez dos billetes de 5.000 ouguiyas, logo os de 2.000 e así sucesivamente. A partir da cantidade de 500.000 ouguiyas, os mauritanos deberon abrir unha conta bancaria para proceder ao cambio de moeda. Os prezos amosáronse en ambas as moedas durante tres anos.

Moedas Como resultado do cambio de sistema realizouse xa en 2017 unha primeira emisión da nova ouguiya, con valores de ⅕ de ouguiya (1 khoums), 1, 5, 10 e 20 ouguiyas. Esta última, cuñada nun disco trimetálico, foi merecedora do Premio Moeda do Ano na categoría de mellor moeda circulante do ano."Coin of the Year awards given in Berlin". En Numismatic News. 15 de febreiro de 2019. En 2018 púxose tamén en circulación unha nova moeda de 2 ouguiyas."New Ouguiya (2018-date)". Numista.com

+ Moedas en circulación da ouguiyaImaxesFacialDataDiámetroGrosorPesoAliaxeCantoAnversoReverso333x333px333x333px⅕ ouguiya "⅕ Ouguiya". Numista.com201716,00 mm2,00 mm2,10 gAce-CuLisoEmblemaPeixe1 ouguiya "1 Ouguiya". Numista.com2017 201819,90 mm2,00 mm4,00 gNi-AceEstriadoEmblemaTeteira2 ouguiyas "2 Ouguiya". Numista.com201824,00 mm1,90 mm5,65 gAce. inox.EstriadoEmblemaInstrumentos5 ouguiyas "5 Ouguiya". Numista.com2017 201822,50 mm2,00 mm4,71 gNi-AceLisoEmblemaInstrumentos10 ouguiyas "10 Ouguiya". Numista.com2017 201824,00 mm1,80 mm5,38 gAro: ace-lat Centro: Ace-NiSegmentosEmblemaVaca20 ouguiyas "20 Ouguiya". Numista.com2017 201826,00 mm2,00 mm7,63 gAro: Ace-lat Aro: Ace-Ni

Centro: AceLisoEmblemaCamelos

Billetes Con data de 28 de novembro de 2017, emitíronse billetes da nova ouguiya, todos eles de polímero, cos valores de 50, 100, 200, 500 e 1.000 ouguiyas. +Billetes en circulación da ouguiyaImaxesFacialCorMotivos principaisData de emisiónAnversoReversoAnversoReverso160x160px160x160px50 ouguiyas "50 Ouguiya". Banknote.wsVioletaMesquita Ibn Abbas, NouakchottTeteira e instrumentos28 de novembro de 2017160x160px160x160px100 ouguiyas "100 Ouguiya". Banknote.wsVerdeTorreGando vacún28 de novembro de 2017160x160px160x160px200 ouguiyas "200 Ouguiya". Banknote.wsAmareloTorreCamelos28 de novembro de 2017160x160px160x160px500 ouguiyas "500 Ouguiya". Banknote.wsAzulTorreArrastreiro e peixes28 de novembro de 2017160x160px160x160px1.000 ouguiyas "1.000 Ouguiya". Banknote.wsMarrónTorreTren mineiro28 de novembro de 2017

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Krause, C. L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801-1991. (18ª ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-150-1 Pazzanita, A. G. (2008). "Ouguya (UM)". En Historical dictionary of Mauritania. Scarecrow Press. 3a ed. Páxina 383. ISBN 978-0810855960 Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues. (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9

Ligazóns externas Banque Centrale de Mauritanie

Categoría:Moedas de África Categoría:ISO 4217 Categoría:Economía de Mauritania