O HPK Naiset (anteriormente coñecido como HPK Kiekkonaiset) é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Hämeenlinna (Finlandia). Actualmente compite na Auroraliiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Metritiski-areena, un pavillón con capacidade para 700 persoas.

Comezou as súas operacións en 1996 debutando na tempada 1996-97 da segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a I-divisioona (dende 2017 denominada Naisten Liiga), mais non foi ata a tempada 2008-09 cando o equipo debutou na máxima categoría, a daquela denominada Naisten SM-sarja. O HPK gañou unha vez o campionato finlandés en 2011, converténdose ademais no primeiro equipo en alzar a Aurora Borealis Malja. Ademais do campionato de 2011 o equipo conseguiu unha prata (2016) e catro bronces (2009, 2010, 2012 e 2014). En 2012 HPK conseguiu a súa única medalla europea ao finalizar na terceira posición da IIHF European Women's Champions Cup.

Historia Inicios O equipo feminino de HPK creouse en 1996 e comezou a súa andaina na competición xogando na I-divisioona, como daquela se denominaba á segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. Con todo, o ascenso á máxima categoría tardaría dez anos en chegar}} Na súa primeira tempada, o equipo de Hämeenlinna finalizou a liga regular na terceira posición, o que lle permitiu clasificarse para disputar o ascenso á máxima categoría, se ben non tivo éxito. Peor lles foron as cousas na súa segunda tempada, cando o equipo tivo que loitar pola permanencia, se ben tivo éxito e mantivo a categoría.

Ascenso á máxima categoría e primeiras medallas miniatura|Xogadoras de HPK en 2021. O HPK debutou na máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, denominada daquela SM-sarja, na tempada 2008-09. Para afrontar a súa primeira tempada na elite o club reforzouse con xogadoras experimentadas. Na tempada da súa estrea o equipo finalizou a primeira fase de competición na cuarta posición cun rexistro de 7 vitorias, 3 derrotas, 1 vitoria na prórroga e 3 derrotas na prórroga. Na segunda rolda repetiu posición, conseguindo así o pase ás eliminatorias polo título. Malia a caer nas semifinais fronte a Espoo Blues en tres partidos, as xogadoras do equipo de Hämeenlinna conseguiron superar a Kärpät en Oulu por 4 goles a 5 no partido pola medalla de bronce, conseguindo así a primeira medalla do equipo na súa primeira tempada.

O 1 de xaneiro de 2009 o equipo feminino de voleibol Tarmo-Volley e o equipo feminino de hóckey sobre xeo de HPK, que ata o momento dependera da sección júnior de HPK, uníronse para crear a HPK Naiset ry.

Na primeira fase da súa segunda tempada na máxima competición as de Hämeenlinna clasificáronse para a liga regular logo de finalizar a fase cualificatoria na segunda posición por detrás de Ilves. Con todo, HPK finalizou a liga regular na primeira posición cun rexistro de 24 vitorias, 1 derrota, 3 vitorias máis aló do tempo regulamentario e 1 derrota despois do tempo regulamentario para un total de 79 puntos. A pesar da boa temporada non conseguiu chegar á final, caendo nas semifinais fronte a Blues en cinco partidos (3-2) nunha serie que comezaron gañando, polo que tivo que disputar por segundo ano consecutivo o partido pola medalla de bronce, novamente fronte ás xogadoras de Kärpät. HPK repetiu medalla de bronce logo de derrotar na casa ás xogadoras de Oulu (5-2). Esa tempada, o 1 de xaneiro de 2009 fundouse HPK-Naiset ry logo da fusión do equipo feminino de voleibol Tarmo Volley Hämeenlinna e o equipo de hóckey sobre xeo, que daquela formaba parte do equipo júnior do equipo masculino de HPK.

Primeira Aurora Borealis Malja En 2011 o HPK Kiekkonaiset converteuse no primeiro equipo en recibir a Aurora Borealis Malja como equipo campión de Finlandia. O HPK, que presentaba un equipo con moita experiencia, protagonizou un inicio de competición espectacular con sete vitorias consecutivas nos 60 minutos regulamentarios que fixeron que o equipo de Hämeenlinna sumara de tres en tres ata o seu oitavo partido, que as xogadoras do Team Oriflame conseguiron levar á prórroga, o que supuxo que o HPK só puidera sumar dous puntos pola vitoria. A primeira derrota do HPK chegou o 27 de outubro a mans das Blues (2-0) en Laaksolahti, o que reduciu a dous puntos a distancia entre o equipo de Espoo e o de Hämeenlinna.

O equipo finalizou na primeira posición da clasificación logo da disputa da liga regular cun rexistro de 64&nbp;puntos en 26 partidos (20-2-0-4), cinco puntos por riba das segundas clasificadas, as Espoo Blues. Encabezar a liga regular levou o HPK a clasificarse directamente para as semifinais, onde derrotou ás Kärpät en tres partidos. Na final, o equipo de Hämeenlinna derrotou tamén Ilves de Tampere por 3-0, vencendo os tres partidos por dous goles a un. O terceiro partido disputouse en Hämeenlina nun Metritiski Areena ateigado.

Saída de HPK Naiset ry En 2018 o equipo atravesou un momento complicado logo de que o equipo de voleibol decidira separarse do club xurdido da fusión de 2009. O presidente de HPK Naiset ry, Pekka Romo, sinalaba os motivos económicos como responsables da separación do equipo de voleibol. Nas súas declaracións Romo explicaba que o equipo da Naisten Liiga tiña decenas de mileos de euros de gastos anuais para o club, que pechara os últimos anos en vermello, nas súas palabras a causa do equipo de hóckey sobre xeo. Esta nova situación puxo en perigo a continuidade do equipo.

Unión co HPK Liiga Oy O 17 de xuño de 2021, anunciouse que o equipo feminino HPK Kiekkonaiset se transferiría a HPK Liiga Oy, propietaria do equipo da Liiga HPK e o HPK U20 da U20 SM-sarja. Ata o momento, o equipo feminino estaba integrado na asociación HPK-Juniorijääkiekko ry. Segundo Antti Toivanen, CEO de HPK Liiga Oy e director xeral do equipo masculino de HPK, o movemento foi motivado polo interese por capitalizar o crecente mercado do hóckey feminino, que salientou polo récord de audiencia do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo feminino de 2019 celebrado en Espoo. Jorma Hassinen, director xeral de HPK Kiekkonaiset, expresou a súa esperanza por que a transferencia poida ofrecer ás xogadoras as oportunidades de crecemento deportivo que aos homes. Para promover o equipo feminino, HPK anunciou que co abono para a tempada do equipo masculino se podería asistir tamén aos partidos da Naisten Liiga.

Identidade do equipo Nome O equipo é coñecido polas siglas HPK, abreviatura de Hämeenlinnan Pallokerho, traducible ao galego como Club de Pelota de Hämeenlinna. Para comprender a orixe do nome hai que remontarse a 1929, ano de fundación do club, que naceu como equipo de bandy e non comezou a práctica do hóckey sobre xeo ata o final da década de 1940.

Escudo e cores miniatura|250px|Logotipo do HPK. O escudo do equipo é o mesmo que o do equipo masculino. A súa forma é redonda e presenta as siglas HPK en negro bordeadas en branco sobre un fondo laranxa pechado por un círculo negro e outro branco. Durante as súas tres primeiras tempadas na SM-sarja o equipo empregou un logotipo no que se vía un helmo de cabaleiro co escudo sobre a abertura dos ollos, o mesmo logotipo empregado polo equipo masculino.

O HPK Kiekkonaiset emprega as mesmas cores que a súa contraparte masculina: laranxa, negro e branco. Nos partidos como local emprega camisola e medias laranxas con detalles en negro e branco, e pantalóns negros; mentres que nos seus partidos como visitante a camisola e as medias son brancas con detalles en laranxa e negro.

Pavillón O HPK Kiekkonaiset xoga os seus partidos como local no Metritiski-areena, un pavillón con capacidade para 700 persoas (450 sentadas). O pavillón foi construído en 1992 e renovado en 2008, e ten servizos de cafetería.

Ocasionalmente o equipo ten empregado o Hämeenlinnan jäähalli, empregado polo equipo masculino nos seus partidos como local, como durante o torneo abertura de 2022

Personalidades Xogadoras Cadro actual

Capitás Ao longo da súa traxectoria na máxima categoría, o HPK Kiekkonaiset tivo cinco capitás, todas elas de nacionalidade finlandesa. A primeira capitá do equipo foi Nora Tallus, quen exerceu o liderado na pista dende 2008 ata 2010, mentres que Riikka Noronen é a xogadora que máis tempadas exerceu como capitá cun total de seis entre a 2013-14 e a 2016-17 de xeito consecutivo, e dende 2019. A continuación amósanse todas as capitás do equipo:

Capitás de HPK Nome(s) PeríodoNora Tallus 2008–2010Mira Huhta 2010–2013Riikka Noronen 2013–2017Jutta Stoltenberg 2017–2019Riikka Noronen 2019–presente

Líderes históricas Ao longo da súa historia seis xogadoras do HPK Kiekkonaiset superaron a barreira dos 100 puntos, e tan só dúas a dos 200. Nas estatísticas de xogo salientan as figuras de Riikka Noronen e Jutta Stoltenberg, as dúas xogadoras que máis tempadas disputaron no equipo de Hämeenlinna con 12 e 16 respectivamente. Noronen é a máxima goleadora, asistente e puntuadora da historia do equipo con 165 goles en 274 asistencias e 439 puntos en 310 partidos disputados. Pola súa banda Stoltenberg é a xogadora que máis partidos vestiu a camisola do HPK con 422 en 2023. A continuación os rexistros das seis máximas puntuadoras históricas do equipo:

Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo. Líderes históricas do HPK Kiekkonaiset Xogadora Pos  PX  G   A  Pts Riikka Noronen F 310 165 274 439 Jutta Stoltenberg D 422 79 129 208 Anniina Kaitala C/W 216 72 92 164 Kiti Seikkula C 161 61 83 144 Julia Liikala RW 120 42 69 111 Hanna Honkonen F 180 51 52 103

Categorías inferiores Na tempada 2025-26 o HPK ofreceu actividades para nenas de distintos grupos de idade, dende a escola de patinaxe Tyttöjen Jääkerho para as nenas máis pequenas, na que non se adestra o hóckey sobre xeo, ata os equipos das categorías de menores de 15 e 12 anos (N15 e N12), pasando polos primeiros pasos na modalidade e os primeiros partidos do equipo MINI-Tytöt.

O HPK Naiset Akatemia é o segundo equipo femenino do club, que na tempada 2025-26 compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten Mestis.

Palmarés Trofeos colectivos miniatura|A Aurora Borealis Malja. SM-sarja/Naisten Liiga A Aurora Borealis Malja (Copa Aurora Boreal) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da Naisten Liiga. É o trofeo principal da competición. HPK Kiekkonaiset gañou unha vez o trofeo en 2011. 2 medalla de prata como segundas clasificadas dos play-offs: 2016, 2025 4 medallas de bronce como terceiras clasificadas dos play-offs: 2009, 2010, 2012, 2014

IIHF European Women's Champions Cup 1 medalla de bronce: 2012

Trofeos individuais Trofeo Tuula Puputti: recompensa cada ano á mellor porteira da liga. Dúas xogadoras do equipo recibiron o galardón, para un total de tres trofeos conseguidos pola entidade: Maija Hassinen-Sullanmaa: 2009 e 2011 Meeri Räisänen: 2018 Trofeo Sari Fisk: dende a tempada 2010-11 se entrega o trofeo Sari Fisk á xogadora con mellor plus–minus ao final da liga regular. Unha xogadora de HPK Kiekkonaiset conseguiu o galardón dúas veces, sendo ademais a primeira galardoada: Riikka Noronen: 2010, 2017 Trofeo Karoliina Rantamäki: entregado dende a tempada 1999-2000 á MVP dos play-offs. Unha xogadora do equipo alzou o trofeo dende a súa introdución: Annina Rajahuhta: 2011 Trofeo Noora Räty: outorgado á mellor debutante na liga dende a tempada 2005-06. Na tempoda 2021-22 tan só unha xogadora do equipo gañara o galardón: Elvira Ylitalo: 2017

Notas

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:HPK Kiekkonaiset