Bob Dylan, nado en Duluth (Minnesota) o 24 de maio de 1941 co nome de Robert Allen Zimmerman, é un cantautor e poeta estadounidense. Foi, durante máis de cinco décadas, unha das maiores figuras na música popular, sendo considerado un dos compositores e músicos máis influentes e prolíficos do século XX.Fundación Premios Príncipe de Asturias. Bob Dylan, Premio Príncipe de Asturias das Artes 2007 . Consultado el 1 de abril de 2011.

Moitos dos máis soados traballos de Dylan datan da década de 1960, na cal se converteu nun cronista informal dos conflitos estadounidenses. Aínda que é ben coñecido por revolucionar o concepto dos límites da música popular en 1965 co single "Like a Rolling Stone"Williams, Paul (1991). Bob Dylan: Performing Artist The Early Years 1960–1973. Underwood-Miller. ISBN 0-88733-131-9 de seis minutos de duración, algunhas das súas primeiras cancións, como "Blowin' in the Wind" e "The Times They Are a-Changin'", convertéronse en himnos antibélicos e dos movementos civís da época, e a el nun artista popular e influente desde os anos sesenta ata hoxe en día. Un dos últimos álbums de estudio de Dylan, Modern Times, publicado en 2006, entrou directamente no primeiro posto da lista Billboard 200 e foi nomeado álbum do ano pola revista musical Rolling Stone.

As primeiras letras de Dylan incorporaban comentarios sobre a situación política e social ademais de referencias filosóficas e literarias que rompían coas convencións da música pop do seu tempo. Mentres expandía e personalizaba estilos musicais, mostraba unha firme devoción por moitas tradicións da música americana, desde o folk, o country, o blues, o gospel, o rock and roll e o rockabilly ata a música folk inglesa, escocesa e irlandesa, pasando polo jazz e o swing..

Dylan aparece nas súas actuacións cunha guitarra, un teclado e unha harmónica. Apoiado por unha cambiante aliñación de músicos, permaneceu de xira de forma constante desde finais da década de 1980, no que veu a coñecerse como o Never Ending Tour (a xira interminable). Os seus logros no estudo de gravación e como artista foron unha dos acenos de identidade da súa carreira, aínda que xeralmente considérase que a súa maior contribución consiste na composición e escritura de cancións.

Ao longo da súa carreira, Dylan foi recoñecido e honrado polas súas composicións, interpretacións e gravacións. Os seus discos valéronlle varios Grammys, Globos de Ouro e premios da Academia, e o seu nome áchase no Salón da Fama do Rock and Roll, o Salón da Fama de Compositores de Nashville e o Salón da Fama dos Compositores. En xaneiro de 1990, foi investido Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras polo Ministro de Cultura de Francia Jack Lang. En 1999, foi incluído na lista das cen persoas máis influentes do século XX elaborada pola revista Time. No ano 2000, gañou o Premio de Música Polar da Real Academia Sueca de Música, e en 2004 alcanzou o segundo posto na lista dos 100 mellores artistas de todos os tempos elaborada pola revista Rolling Stone, logo de The Beatles. O 13 de xuño de 2007 foi premiado co Premio Princesa de Asturias das Artes, e en 2008 recibiu un recoñecemento honorario do Premio Pulitzer polo seu "profundo impacto na música popular e na cultura americana, marcado polas súas composicións líricas de extraordinario poder poético". Neste contexto, desde 1996 diversos autores e académicos nomearon a Dylan para a candidatura do Premio Nobel de Literatura. No 2016, Dylan recibiu o Premio Nobel de Literatura, "por ter creado novas expresións poéticas na gran tradición da canción americana".

Traxectoria 1941-1960: orixe e comezos musicais Robert Allen Zimmerman (en hebreo: Shabtai Zisel ben Avraham)Sounes, Down The Highway: The Life Of Bob Dylan (en inglés), p. 14 ISBN 0-8021-1686-8 naceu no hospital St. Mary de Duluth, Minnesota, o 24 de maio de 1941 e creceu en Hibbing, Minnesota, no Mesabi Iron Range ao oeste do Lago Superior. Os estudos realizados por varios dos seus biógrafos demostraron que os seus avós paternos, Zigman e Anna Zimmerman, emigraron desde Odesa (actual Ucraína) aos Estados Unidos por mor dun pogrom antisemita acaecido en 1905.Sounes, Down The Highway: The Life Of Bob Dylan, pp. 12-13. ISBN 0-8021-1686-8 Os seus avós maternos, Benxamin e Lybba Edelstein, eran xudeus lituanos que chegaron a América en 1902. Na súa autobiografía, Chronicles, Vol. 1, Dylan escribiu que o apelido da súa avoa materna era kirguís e que a súa familia procedía de Istanbul.Dylan, Chronicles, Volume One (en inglés), pp. 92-93. ISBN 0-7432-2815-4

Os seus pais, Abram Zimmerman e Beatrice "Beatty" Stone, formaban parte dunha reducida pero moi unida comunidade xudía. Robert Zimmerman viviu en Duluth ata os seis anos, cando o seu pai contraeu a poliomielite e a súa familia volveu á cidade natal da súa nai, Hibbing, Minnesota, onde pasou o resto da súa infancia.Shelton, No Direction Home (en inglés), pp. 25-33. ISBN 0-306-81287-8 Robert viviu boa parte da súa mocidade escoitando a radio: nun primeiro momento, escoitando emisoras que transmitían música blues e country desde Shreveport (Luisiana), e máis tarde rock and roll.Shelton, No Direction Home, pp. 38-39. ISBN 0-306-81287-8 Durante a súa estancia na escola, formou varias bandas, como The Shadow Blasters, de curta duración, ou The Golden Chords, con quen chegaría a tocar no programa de procura de talentos Rock and Roll Is Here to Stay.Sounes, Down The Highway: The Life Of Bob Dylan, pp. 29-37. ISBN 0-8021-1686-8 No anuario escolar de 1959, Robert Zimmerman marcou como a súa principal ambición "unirse a Little Richard".Shelton, No Direction Home, pp. 39-43. ISBN 0-306-81287-8 O mesmo ano, usando o pseudónimo de Elston Gunn, tocou en dous concertos con Bobby Vee, acompañando ao piano e improvisando palmas.Sounes, Down The Highway: The Life Of Bob Dylan, pp. 41-42. ISBN 0-8021-1686-8Heylin, Bob Dylan: Behind the Shades Revisited (en inglés), pp. 26-27. ISBN 0-06-052569-X

Zimmerman trasladouse a Minneapolis, Minnesota, en setembro de 1959 para matricularse na universidade estatal. Durante esta época, o seu inicial interese no rock and roll deixou paso a un achegamento á música folk americana. En 1985, Dylan explicou a súa atracción cara á música folk: Pronto comezou a tocar no 10 O'Clock Scholar, unha cafetería a poucos bloques do campus universitario, e viuse involucrado no circuíto do folk do distrito comercial de Dinkytown.Shelton, No Direction Home, pp. 65-82. ISBN 0-306-81287-8

Durante os seus días en Dinkytown, Zimmerman pasou a chamarse a si mesmo "Bob Dylan". Nunha entrevista concedida en 2004, Dylan dixo: "Naces, xa sabes, con nomes equivocados, pais equivocados. Quero dicir, iso sucede. Pódeste chamar como queiras. Este é o país da liberdade". Na súa autobiografía, Crónicas, Vol. 1, Dylan escribiu sobre o cambio de nome:

1960-1963: traslado a Nova York e contrato con Columbia Dylan abandonou a universidade tras o seu primeiro ano. En xaneiro de 1961, trasladouse a Nova York coa esperanza de ver ao seu ídolo musical, Woody Guthrie, quen estaba gravemente enfermo por mor da enfermidade de Huntington no hospital psiquiátrico de Greystone Park.Dylan, Chronicles, Volume One, p. 98. ISBN 0-7432-2815-4 Sobre Guthrie, Dylan chegou a dicir: "Podes escoitar as súas cancións e aprender a vivir".

A partir de febreiro de 1961, Dylan tocou en varios clubs de Greenwich Village. O seu paso por estes clubs, foi fundamental para entender a súa concepción da música. En setembro, comezou a gañar certa reputación grazas a unha recensión de Robert Shelton en The New York Times durante un concerto no Gerde's Folk City. O mesmo mes, Dylan tocou a harmónica para Carolyn Hester durante a gravación do seu terceiro álbum, coincidindo co produtor John H. Hammond. Hammond contratou a Dylan para Columbia Records en outubro.

As interpretacións incluídas no seu primeiro traballo para Columbia, titulado Bob Dylan e publicado en 1962, consistían en material de música folk, blues e gospel combinado con dúas composicións propias, "Song to Woody" e "Talkin' New York". O álbum obtivo escaso éxito comercial, vendendo 5000 copias no seu primeiro ano, o cal era suficiente para rescindir o contrato.Scaduto, Bob Dylan (en inglés), p. 110. ISBN 1-900924-23-4 Dentro de Columbia, Dylan comezou a ser tachado como o "protexido de Hammond" e suxeriron finiquitar o seu contrato. A pesar diso, Hammond defendeu fortemente a Dylan, e ao mesmo tempo atopou un bo defensor en Johnny Cash, quen fichara por Columbia meses antes. Durante o seu traballo para Columbia, Dylan tamén gravou varias cancións baixo o pseudónimo de Blind Boy Grunt para a revista de música folk Broadside Magazine.Shelton, No Direction Home, pp. 157-158. ISBN 0-306-81287-8

En agosto de 1962, Dylan deu dous importantes pasos na súa carreira musical ao modificar o seu nome legalmente polo de Robert Dylan na Corte Suprema de Nova York e ao asinar un contrato de representación con Albert Grossman. Grossman foi o representante de Dylan ata 1970 e caracterizouse pola súa personalidade ocasionalmente conflitiva e pola extrema protección que exercía sobre a imaxe do seu cliente.Gray, The Bob Dylan Encyclopedia (en inglés), pp. 283-284. ISBN 0-8264-6933-7 Dylan describiría posteriormente a Grossman como "unha especie de Coronel Tom Parker... podías cheirar a súa chegada".Shelton, No Direction Home, p. 150. ISBN 0-306-81287-8 As tensións entre Grossman e John Hammond obrigaron ao segundo a abandonar as sesións de gravación do segundo traballo discográfico de Dylan, sendo substituído polo produtor Tomas F. Wilson.Heylin, Bob Dylan: Behind the Shades Revisited, pp. 115-116. ISBN 0-06-052569-X

miniatura|175px|Bob Dylan con Joan Baez na marcha polos Dereitos Civís en Washington, D.C. en 1963.

Ao mesmo tempo, o seu segundo álbum, The Freewheelin' Bob Dylan, publicado en maio de 1963, serviu a Dylan para crecer como cantante e especialmente como compositor. Gran parte das cancións incluídas no álbum foron etiquetadas como cancións protesta, inspiradas parcialmente en Woody Guthrie e influídas pola paixón de Pete Seeger polas cancións tradicionais.Shelton, No Direction Home, pp. 138-142. ISBN 0-306-81287-8 "Oxford Town", por exemplo, reflicte de forma irónica a matriculación de James Meredith como o primeiro negro en entrar na Universidade de Mississippi.Shelton, No Direction Home, p. 156. ISBN 0-306-81287-8

Unha das súas cancións máis famosas, "Blowin' in the Wind", deriva parcialmente na súa melodía da canción tradicional "No More Auction Block", mentres que a súa letra cuestiona o status quo social e político da época.O libreto escrito por John Bauldie do álbum The Bootleg Series Volumes 1-3 (Rare & Unreleased) 1961-1991 (1991) di: "Dylan recoñeceu a débeda en 1978 ao xornalista Marc Rowland: 'Blowin' In The Wind' foi sempre unha canción espiritual. Tomeina dunha canción chamada 'No More Auction Block', que é espiritual e 'Blowin' In The Wind' segue ese mesmo sentimento." pp. 6-8. A canción foi amplamente versionada e converteuse nun éxito internacional da man de Peter, Paul and Mary, sentando un precedente para moitos outros artistas que se alzarían con éxitos a través de composicións de Dylan. Pola súa banda, a canción "A Hard Rain's a-Gonna Fall" está baseada na balada de folk "Lord Randall". Coas súas referencias á apocalipse nuclear, a canción gañou resonancia durante o desenvolvemento da crise dos mísiles de Cuba.Heylin, Bob Dylan: Behind the Shades Revisited, pp. 101-103. ISBN 0-06-052569-X Do mesmo xeito que "Blowin' in the Wind", "A Hard Rain's a-Gonna Fall" marcou unha importante dirección na composición de novas cancións, mesturando o uso do monólogo interior e a lírica imaxinativa coas formas tradicionais do folk.Ricks, Dylan's Visions of Sin (en inglés), pp. 329-344. ISBN 0-670-80133-X