O Cruceiro do Campo de Outeiro é unha construción relixiosa situada na parroquia de San Salvador de Sanguñedo (Verea). Situación O cruceiro está situado no Campo de Outeiro, no adro da igrexa de San Salvador de Sanguñedo a medio camiño entre o lugar de Outeiro e Sanguñedo, da parroquia de homónima.
Descrición Segundo indica o fuste actual, o símbolo data do ano 1766. O pedestal consta de dous chanzos, e sobre a base levántase o varal, primeiro cuadrangular e logo octogonal, que engarza cun capitel dórico e remata nunha cruz florenzada ocupada, no anverso, por un Cristo de expresividade dramática con pano de pureza e, no reverso, por unha Virxe orante sobre anxo.
Notas
Categoría:Verea Categoría:Cruceiros de Galicia Categoría:1766