miniatura|323x323px O líquido sinovial, nomeado deste xeito por vez primeira por Paracelso, ou sinovia é un fluído viscoso e transparente que se atopa nas articulacións. Ten a consistencia da clara de ovo. A súa composición é a dun ultra filtrado do plasma, coa mesma composición iónica. O líquido contén poucas proteínas e células pero é rico en acedo hialurónico sintetizado polos sinoviocitos de tipo b. O líquido sinovial reduce a fricción entre as cartilaxes e outros tecidos nas articulacións para lubricalas e amortecelas durante o movemento.
A membrana sinovial é a cuberta interna das diartrosis ou articulacións sinoviais. Contén o líquido sinovial, o cal é segregado pola sinovia que rodea a cápsula articular pola súa superficie interior. Este líquido forma unha fina capa sobre a cartilaxe articular de aproximadamente 50 μm, infiltrándose nel. Desta forma a cartilaxe articular pode considerarse como unha reserva de líquido sinovial. Durante o movemento, o líquido extráese mecanicamente da cartilaxe para manter unha capa de líquido sobre a superficie da cartilaxe e diminuír a fricción entre as superficies articulares.
Análise A análise do líquido articular é fundamental sempre que se faga a súa extracción, non só por interese científico médico para diagnosticar distintas patoloxías senón mesmo por aspectos legais. O seu estudo analítico, citolóxico, microbiolóxico así como a procura de cristais e mesmo a análise bioquímico e inmunolóxico poden achegar datos suficientes para sentar un diagnóstico definitivo na patoloxía articular, traumatolóxica e fundamentalmente en reumatoloxía.
A extracción de líquido sinovial apenas ten contraindicacións, é unha técnica sinxela sempre que se coñeza ben a articulación que se vai a puncionar, evacuar por exceso de líquido sinovial ou a estudar. Faise sempre baixo esterilización estrita.Henry, John B, (ed). Clinical Diagnosis & Management by Laboratory Methods. USA: Saunders, 20th Edition, 2001. ISBN 0-7216-8864-0. As infeccións adxacentes á articulación, sobre todo a da pel que hai que atravesar para chegar até a articulación obrigarían a elixir outra vía de acceso á mesma. As enfermidades que cursan con alteracións da coagulación, por exemplo a hemofilia, así como os tratamentos médicos con anticoagulantes, serían contraindicacións relativas e obrigarían a utilizar na punción agullas de moito menor calibre que as utilizadas normalmente. Con respecto á necesidade de anestesiar a zona de punción, viría determinada pola mesma articulación, non sendo normalmente necesario en articulacións de gran calibre, por exemplo o xeonllo ou outras articulacións.
É importante saber que ás veces se chegan a formar anomalías de patoloxías descoñecidas, denominadas quistes. Produce dor nas articulacións cando se acumula nas mesmas. A. Villegas-Navarro, D. M. Rosales, E. A. Bustos, R. R. Reyes, J. L. Reyes, T. A. Dieck et A. R. Heredia «Determination of lead in paired samples of human blood and synovial fluid» Earth and Environmental Science Bulletin of Environmental Contamination and Toxicology, 1992; 49(3):388-94. , .
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Artrite Anatomía Sistema locomotor
Categoría:Fluídos corporais Categoría:Articulacións Categoría:Anatomía animal