Un capriccio ou capricho (ás veces en plural: caprichos ou, en italiano, capricci) é un termo que comezou a aplicarse no século XVI, é unha peza musical habitualmente de forma libre e de carácter vivo e animado. Pódese dicir que o capricho é unha forma predominantemente instrumental; tamén se pode dicir que a súa mesma condición de libre fai que sexa unha especie de estudo. O capricho habitual é aquel que é de natureza rápida, intensamente penetrada e ás veces virtuosística.
Exemplos
Osvaldas Balakauskas: Capriccio para piano e orquestra (2004) Petr Ilich Chaikovskii: Capricho italiano (1880) Cécile Chaminade: Capriccio para violín e piano (1881) Aldo Clementi: Capriccio para viola e 24 instrumentos (1980) Lorenzo Ferrero: Capriccio para piano e orquestra de cordas (1996) Leoš Janáček: Capriccio (1926) Wolfgang Amadeus Mozart: Capricho en do maior para teclado, KV 395 (1777) Niccolò Paganini: 24 Caprichos para violín solo (1802–17) Krzysztof Penderecki: Capriccio para violín e orquestra (1967) Walter Piston: Capricho para arpa e orquestra de corda (1963) Nikolai Rimskii-Korsakov: Capricho español (1887) Igor Stravinskii: Capriccio para piano e orquestra (1929) Francisco Tárrega: Capricho árabe (1892) William Walton: Capriccio burlesco (1968)
Véxase tamén Capricho
Ligazóns externas Capricho musical: edición do 5 de oct. do 2012 de Música antigua, programa de Radio Clásica.20x20px
Categoría:Xéneros musicais