miniatura|Vista sur do paso de San Gotardo O paso de San Gotardo (en alemán, Gotthardpass; en italiano, Passo del San Gottardo) é un porto de montaña situado a 2 109 m de altitude en Suíza, entre Andermatt (Uri) e Airolo (Tesino) nos Alpes lepontinos, que conecta a parte setentrional (xermanófona) de Suíza coa parte meridional (italoparlante) de Tesino, e a ruta cara a Milán.
Historia Aínda que o paso coñecíase na antigüidade, non se empregou amplamente até principios do século XIII, porque comportaba vadear o turbulento río Reuss, crecido coas neves fundidas durante o principio do verán, na empinada Garganta de Schöllenen. As mortes por afogamento no paso incrementábanse en abril e maio, segundo os antigos relatos das vilas próximas.
Lendas miniatura|Vista desde o oeste do paso de San Gotardo
A "Ponte do Demo" (Teufelsbrücke, en alemán) construíuse nunhas condicións tan adversas que as lendas en torno á súa construción forman por si soas unha categoría completa no sistema de clasificación Aarne-Thompson para lendas populares (número 1191).The Devil's Bridge: Folktales of Aarne-Thompson Type 1191.
O río Reuss era tan difícil de vadear, que un pastor suízo desexou que o Diabo construíra unha ponte. O Diabo apareceu, pero pediu ser o primeiro en cruzalo. O montañés estivo de acordo, pero fíxolle ao Diabo o regalo duna cabra polo seu traballo, sendo esta a primeira en cruzar a ponte e non o propio Diabo.The Legend of the Devil's Bridge, Switzerland. Enfadado por esta afronta, o Diabo desprendeu unha rocha para lanzala contra a ponte e destruíla, pero unha anciá debuxou unha cruz na rocha, de maneira que o Diabo non puido sostela.
A rocha está aínda alí, e en 1977 gastáronse 300 000 francos suízos para mover a rocha, de 220 t e 127 m, para facer espazo para o túnel de San Gotardo.
Nome O paso dedicouse en 1236 a San Gotardo de Hildesheim (960–1038), abade de Hersfeld, e máis tarde bispo de Hildesheim (1022). Fillo do arcebispo Federico de Salzburgo, Gotardo foi o abade do mosteiro beneditino de Nieder Altaich en 996 e reformou outros mosteiros baixo o padroado de Henrique II do Sacro Imperio Romano Xermánico. Seu hospital para viaxeiros de San Moritz, cerca de Hildesheim, faríase famoso.
Unha capela dedicada a San Gotardo (falecido en 1038, canonizado en 1131), que é considerado o patrón dos pasos de montaña, foi construída na vertente sur do paso e consagrada polo arcebispo de Milán en 1230.Bruno Meier (2015): Von Morgarten bis Marignano. Was wir über die Entstehung der Eidgenossenschaft wissen. Zürich: Hier und Jetzt. ISBN 978-3-0391-9233-5, p. 23.
Túneles feroviarios e de estrada miniatura|Estrada nacional 2 descendendo cara a Airolo O túnel ferroviario de San Gotardo, aberto en 1882 para o tránsito ferroviario co custe de 177 vidas de traballadores, substituíu o antigo paso de carruaxes.Gotthardbahn no Dicionario histórico de Suíza , , . Un túnel por estrada de 17 km abriuse en 1980, cun número menor de mortos (53). O 1 de xuño de 2016 inaugurouse o túnel de base de San Gotardo, un segundo túnel ferroviario de 57 km, que fai del o túnel ferroviario máis longo do mundo. As autoridades suízas esperaban que se produciran menos de dez mortes nos traballos de construción, sendo finalmente oito o número de traballadores mortos durante os traballos de escavación.
Este túnel, combinado con dous túneles máis curtos que se planea se constrúan cerca de Zürich e Lugano, reducirán nunha hora a viaxe en tren de Zürich a Milán, que na actualidade dura tres horas e 40 minutos, ademais de incrementar o número e o tamaño dos trens que poden operar nesta ruta.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Nicola Pfund (2012): Sui passi in bicicletta - Swiss Alpine passes by bicycle. Lugano, Suíza: Fontana Edizioni. ISBN 978-88-8191-281-0, pp. 78-87.
Ligazóns externas Gotthard Pass, un paso de montaña con pavés a más de 2.000 metros . Passo del San Gottardo - Airolo . Gotthard .
Categoría:Portos de montaña Categoría:Xeografía de Suíza