Henrique II de Alemaña, tamén coñecido como Henrique II o Santo , como Santo Henrique o Exuberante e como Henricus Saxon (Henrique de Saxonia), nado o 6 de maio de 973 e finado o 13 de xullo de 1024, duque de Baviera, rei de Alemaña, rei de Italia e emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, o derradeiro da liñase do emperador Odón I e da dinastía Saxoa, foi oblato da Orde de San Bieito e santo da Igrexa católica que destacou pola súa actividade misioneira e reformista, e é o patrono de todos os oblatos da orde beneditina e dos esposos que non teñen fillos.
Traxectoria Foi fillo de Henrique II, duque de Baviera, chamado O Pendedenceiro, e da súa esposa Xisela de Borgoña. Como seu pai se levantara contra os dous emperadores anteriores, tivo que exiliarse na súa xuventude. Sucedeu ao seu pai no ducado de Baviera no ano 995.
Elección como rei alemán Ao falecer o emperador Odón III en xaneiro de 1002, converteuse en rei de Alemaña, pero existía certa oposición á súa candidatura como emperador do Sacro Imperio. Pese a iso, foi elixido emperador o 7 de xuño de 1002, aínda que tardou un ano máis en ser recoñecido unanimemente polos cinco príncipes electores alemáns do Reichstag do imperio.
Campañas militares contra o Principado de Polonia e en territorio italiano Manobras da guerra xermano-polaca de 1002-1005|miniatura|esquerda|200px miniatura|Diñeiro de Henrique II, cuñado na ceca de Pavia, en Italia. Henrique tivo que empregar algúns anos en consolidar as súas fronteiras. Fixo unha campaña contra o duque Boleslao I o Bravo de Polonia e tivo que trasladarse a Italia para enfrontarse a Arduíno de Ivrea, que se proclamara rei. Henrique foi coroado rei de Italia en Pavia o 15 de maio de 1004.
A súa segunda campaña contra o ducado de Polonia saldouse cunha nova vitoria, que culminou nun tratado de paz en 1018 polo que o ducado de Polonia tivo que desprenderse de Bohemia.
Elección como emperador Tras efectuar unha segunda campaña en territorio italiano para consolidar o seu poder, foi coroado emperador do Sacro Imperio polo papa Bieito VIII o 14 de febreiro de 1014. No ano 1020 tivo que encabezar unha terceira expedición para garantir os seus dominios italianos.
Apoio á Igrexa Henrique II apoiou o poder dos bispos fronte ao clero monástico. Interesouse por cuestións da administración da Igrexa. Foi partidario do celibato eclesiástico como medio para evitar o dominio dos territorios da Igrexa por liñaxes familiares. Foi un personaxe cuxas actuacións resultaron moi importantes na evolución da Historia da Igrexa: en 1014, con motivo da súa coroación como emperador, solicitou ao papa Bieito VIII a recitación do Credo coa inclusión do Filioque, que era a fórmula popularmente aceptada nos seus territorios francos e xermanos. O papa accedeu á súa petición, co que por primeira vez na historia o filioque usouse en Roma. Este feito sería de gran transcendencia, pois sería a xustificación para a separación das Igrexas ortodoxas orientais tras o cisma de Oriente de 1054.
Relacións con países veciños e morte miniatura|180px|Árbore xenealóxica de Henrique II nas Crónicas de Núremberg. Aínda que Henrique II reuniuse en 1023 con Roberto II de Francia para discutir reformas eclesiásticas, xamais se levaron a cabo, e cómpre destacar que as relaciones políticas entre ambos os países eran moi favorábeis.
Por outra parte, mantivo como aliada a Hungría, xa que a esposa do rei santo Estevo I, Xisela de Baviera, era irmá de Henrique II. Posto que neste período Hungría se achaba no proceso de cristianización e se organizaban as dioceses e arquidioceses, numerosos relixiosos alemáns, así como gran cantidade de nobres e cabaleiros, foron buscar sorte na corte de Estevo I, sendo ben recibidos e outorgándosellles en moitas ocasións algunhas terras no reino tras xurar lealdade ao soberano húngaro.
Henrique II morreu o 13 de xullo de 1024 e foi soterrado na catedral de Bamberg.
Henrique II e a súa esposa, Cunegunda de Luxemburgo, non tiveron fillos.
Canonización O papa Uxío III canonizou a Henrique II en 1146. Inocencio III fixo o propio coa súa esposa Cunegunda en 1200.
A conmemoración de san Henrique non aparece no santoral do calendario tridentino. A conmemoración canónica foi incorporada ao calendario católico de 1631 no día 13 de xullo, data de seu falecemento, que era tamén a data local de celebración. Posteriormente, a festa foi llevada ao 15 de xullo no ano 1668. En 1969, Paulo VI trasladou a festa ao 13 de xullo, coincidente co día da morte, como é habitual.Calendarium Romanum (Libreria Editrice Vaticana 1969) Motu proprio Mysterii Paschalis de Pablo VI, pp. 97 e 130. .
Títulos ReaisPredecesor:Vacante desde dón III (1002)Emperador do Sacro Imperio1014-1024Sucedido por:Vacante até Conrado II (1027)Predecesor:Arduíno de IvreaRei de Italia1014-1024Sucedido por:Vacante até Conrado II (1026)Predecesor:Odón IIIRei de Alemaña1002-1024Sucedido por:Conrado IITítulos de NobrezaPredecesor:Henrique IIDuque de Baviera995-1004Sucesor:Henrique VDuque de Carintia995-1002Sucesor:Odón I
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Knefelkamp, Ulrich (2018): Das Mittelalter. 3ª edición. Stuttgart: UTB GmbH. ISBN 978-3-8252-4831-4. Jasienica, Pawel (2007): Polska Piastow. Varsovia: Proszynski Media. ISBN 978-83-7648-284-2.
Categoría:Nobres de Alemaña Categoría:Emperadores do Sacro Imperio Xermánico Categoría:Dinastía saxoa Categoría:Nados en 973 Categoría:Nados en Baviera Categoría:Finados en 1024