Os seguintes 30 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 60ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Dinamarca, España, Francia, Italia e Noruega. O galardón recaeu sobre Dinamarca, co filme Babettes gæstebud. O aclamado filme Der Himmel über Berlin de Wim Wenders, que foi presentado pola Alemaña Occidental, nin sequera foi nomeado malia ser un dos favoritos.

Indonesia presentou un filme por vez primeira, e Cuba fíxoo tamén logo dunha década sen facelo. A Unión Soviética presentou un filme en lingua xeorxiana (que foi producido en 1984 mais foi censurado ata 1987), a India escolleu un filme en támil, e Noruega escolleu o primeiro filme da historia rodado en saami setentrional.

Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado Der Himmel über Berlin Alemán Wim Wenders Hombre mirando al sudeste Castelán Eliseo Subiela Wohin und zurück - Teil 3: Welcome in Vienna Alemán Axel Corti Les noces barbares Francés Marion Hänsel Um Trem para as Estrelas Portugués Carlos Diegues Un Zoo la Nuit Francés Jean-Claude Lauzon Smrt krásných srnců Checo Karel Kachyňa Fu rong zhen Chinés Xie Jin Un hombre de éxito Castelán Humberto Solás Babettes gæstebud Dinamarqués e francés Gabriel Axel Asignatura aprobada Castelán José Luis Garci Lumikuningatar Finés Päivi Hartzell Au revoir les enfants Francés Louis Malle Theofilos Grego Lakis Papastathis Napló szerelmeimnek Húngaro Márta Mészáros Nayakan Támil Mani Ratnam Nagabonar Indonesio M.T. Risyaf Skytturnar Islandés Friðrik Þór Friðriksson I Don't Give a Damn Hebreo Shmuel Imberman La Famiglia Italiano Ettore Scola Već viđeno Serbocroata Goran Marković Lo que importa es vivir Castelán Luis Alcoriza Ofelaš (Veiviseren) Saami setentrional Nils Gaup Van geluk gesproken Neerlandés Pieter Verhoeff Bohater roku Polaco Feliks Falk Hip Hip Hurrah! Sueco Kjell Grede Si le soleil ne revenait pas Francés Claude Goretta Osmanthus Alley Chinés Chen Kunhou Repentance Xeorxiano Tengiz Abuladze Zegen Xaponés Shohei Imamura

Notas

60 Categoría:Cinema en 1987