Garibaldo II de Baviera, nado en 585 e finado en 640,Foundation for Medieval Genealogy foi o terceiro duque de Baviera.

Traxectoria Fillo de Tasilón de Baviera, duque de Baviera, da dinastía Axilolfinga, foi duque de Baviera desde 610 atá a súa morte en 630.

Segundo Paulo Diácono, na súa Historia Langobardorum, sucedeu ao seu pai Tasilón I, asasinado polos eslavos que invadiran Baviera, e que devastaran o país, pero Garibaldo II conseguiu organizar un contraataque e expulsar aos eslavos.

A súa muller non se munciona, pero Paulo Diácono tamén conta que cara ao 610, os ávaros invadiron o ducado de Friuli, mataron o duque Xisulfo II e á súa esposa Romilda, e levaron cativas ás súas catro fillas. Dúas delas, Acca e Xeila, foron mercadas por comerciantes, e liberadas, e unha delas casou co príncipe dos bávaros, mentres que a outra casou co príncipe dos alamáns. Dado que o nome de Xisela aparece entón na aristocracia bávara, Christian Settipani cre que foi Xeila quen casou cun duque de Baviera, a quen identifica, por motivos cronolóxicos, con Garibaldo II.

No ano 610 Garibaldo II casou con Anna oder Gaila, con que tivo un fillo, Axilolfo de Baviera, nado contra 615. Anna oder Gaila en The Peerage.

Os sucesores de Garibaldo II non están integramente documentados. A tradición bávara di que os que sucederon a Garibaldo II foron Teodón I e Lamberto I. Outras tradicións escritas sinalan outros nomes, entre eles Fara I de Baviera, que casou con Teodón I de Baviera e foi sucedida polo seu fillo Teodón II.Fara Agilolfinger, Herzog von Bayern en gw.geneanet.org. Esta incerteza prolongouse ao redor de 50 anos, entre Garibaldo II e o seu sucesor máis coñecido, Teodón II de Baviera.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Christian Settipani (1989): Les Ancêtres de Charlemagne París: Editions Christian. ISBN 2-9064-8328-1.

Outros artigos Dinastía Axilolfinga Primeiro ducado de Baviera

Categoría:Dinastía Axilolfinga Categoría:Nobres de Alemaña Categoría:Nados en 585 Categoría:Finados en 630