Para o calendario litúrxico da Igrexa católica, véxase calendario romano xeral O calendario romano era, posibelmente, de orixe etrusca. Era un calendario lunar adaptado ao ano solar. O ano comezaba o 15 de marzo e tiña 12 meses de 29 e 31 días máis un mes intercalar de 20 ou 22 días cada dous anos. Mediante esta innovación, atribuída ao rei Numa Pompilio, o ano medio duraba 366 días e medio. Os pontífices eran os encargados de regular este mes. Pero isto foi variando ao longo da historia. Historia miniatura|250px|right|Fragmento dun calendario romano. Ficheiro:Mond Phasen.svg Ficheiro:Mond Grafik.svg Fases vistas desde o hemisferio Norte.Segundo a tradición romana, a orixe mítica do antigo sistema para dividir o tempo debeuse ao primeiro dos reis, Rómulo. Este foi reformado, tamén segundo a tradición, polo seu sucesor Numa Pompilio. Utilizouse na Antiga Roma ata o 46 a.C. cando Xulio César, que era ditador e Pontifex Maximus, decretou unha drástica reforma no calendario, asesorado por astrónomos exipcios, como o alexandrino Sosíxenes, creando o calendario xuliano. Este calendario "xuliano", modificado en 1582 (calendario gregoriano), é o calendario occidental actual. Antecedentes Orixinariamente, moitas culturas antigas utilizaban o calendario lunar para contar o tempo.
Os pobos romanos primitivos tiñan diferentes calendarios lunares, cada un co seu propio número de meses, a súa propia duración do ano e dos meses, por exemplo, os habitantes de Alba Longa tiñan un calendario de 10 meses, de 18 a 36 días cada mes; os de Lavinio tiñan outro de 374 días distribuído en 13 meses; os etruscos tiñan meses baseados na Lúa chea. Estes calendarios tiñan unha base lunar, o comezo dos meses adoitaba marcarse coa aparición da Lúa nova. Calendario de Rómulo Segundo a tradición, o calendario romano foi creado durante o reinado de Rómulo, fundador de Roma. Comprendía dez meses lunares, de marzo a decembro. Entre decembro e o comezo do ano seguinte había un período que non correspondía a ningún mes, dado que era o período en que non había labores agrícolas nin actividade militar. O ano xa que logo duraba ao redor de 304 días ou ben 10 meses lunares. Este período de decembro a marzo dedicábase en parte a ritos de purificación colectiva na transición dun ano a outro, era unha especie de "tempo morto".
O ano tiña dez meses, co equinoccio de primavera situado no primeiro mes, Martius:
Calendario de Rómulo Martius (31 días) Aprilis (30 días) Maius (31 días) Iunius (30 días) QuintilisTamén denominado Quinctilis; ver, por exemplo, The Oxford companion to the year, Oxford University Press, Bonnie Blackburn & Leofranc Holford-Strevens, 1999, páxina 669. (31 días) Sextilis (30 días) Septembris (30 días) Octobris (31 días) Novembris (30 días) Decembris (30 días)
Calendario de Numa Pompilio Posteriormente realizouse unha reforma a partir da época etrusca (séculos -VII a -VI), atribuída pola tradición ao rei Numa Pompilio, segundo rei de Roma. Modificouse a duración dos meses para que durasen 29 e 31 días alternativamente (para os romanos, os números pares traían mala sorte), e engadíronse dous meses adicionais entre decembro e marzo: xaneiro e febreiro. Desde mediados do século -II (no ano 153 a.C.), o ano, que ata entón empezara no mes de marzo, pasou a comezar en xaneiro, pero a tradición de empezar o ano en marzo continuaba ata o século -II, tanto no aspecto político, coa toma de posesión das maxistraturas anuais, como no militar dando inicio ás campañas bélicas. Así o ano pasou a durar 355 días: febreiro tiña 28 días, marzo, maio, xullo e outubro 31, e o resto 29, dando o total de 355 días. Como logo da reforma de Numa Pompilio as cousas non se arranxaron, xa que seguía o calendario lunar oficial desfasado co curso estacional, baseado no ciclo solar, optouse por engadir dous meses, un de 23 e outro de 22 días, denominados Mercedonios ou Intercalares en cada ciclo de catro anos: un no segundo e outro no cuarto ano de cada ciclo respectivamente. Este mes engadíase dentro do mes de febreiro, entre o 23 (día das festas chamadas Terminalia) e o 24.
O complicado sistema de axuste dos meses, para que os anos se axustasen ao ciclo solar era controlado polo Colexio dos Pontífices, pero nunca se solucionou satisfactoriamente ese desfase. Os romanos distinguían catro estacións, denominadas: ver (primavera), aestus (verán), autumnus (outono) e hiems (inverno). Calendario de Numa Pompilio Ianuarius (29 días) Februarius (28 días) Martius (31 días) Aprilis (29 días) Maius (31 días) Iunius (29 días) Quintilis (31 días) Sextilis (29 días) Septembris (29 días) Octobris (31 días) Novembris (29 días) Decembris (29 días) Os seis primeiros meses denomináronse cun nome derivado do da divindade ou culto ao que estaban consagrados. A denominación dos meses era: Ianuarius: en honor ao deus latino Xano, a quen se acudía nos inicios de todas as actividades. Tamén lle estaba dedicado o primeiro día de cada mes. Februarius: dedicado a Februus (máis coñecido polo nome de Plutón), deus das cerimonias de purificación que se levaban a cabo neste mes para expiar as culpas e faltas cometidas ao longo do ano que acababa, e para comezar o novo con bos augurios. Martius: en honor a Marte, pai dos fundadores de Roma, Rómulo e Remo. Era o protector do romano, como agricultor e como soldado: as dúas actividades tiñan o seu comezo nesta época do ano. Aprilis: é un nome de dubidosa interpretación. Unha teoría dicía que estaba consagrado a Venus, Apru en etrusco. Outra teoría refírese á chegada da primavera, estación en que se abren (aperire) as flores. Maius: titularidade discutida, xa que algúns afirman que estaba dedicado á nai de Mercurio, a deusa Maia, que se encargaba da fertilidade agrícola, a esta os romanos chamábana Bona Dea e a súa festa celebrábase este mes. Outros atribúen o mes á veneración dos antepasados, os Maiores. Iunius: consagrado a Xuno, protectora das mulleres. Tamén existe outra posible dedicación aos descendentes, os Iuniores. Quintilis: chamado así por ser o quinto mes (quinque: cinco, quinctus: quinto). Á morte de Xulio César pasou a chamarse Iulius no seu honor, por ser o mes do seu nacemento. Sextilis: mes sexto (sex: seis, sextus: sexto). Dedicouse posteriormente a Octavio Augusto e recibiu o nome de Augustus. Septembris: mes sétimo (septem: sete). Octobris: mes oitavo (octo: oito). Novembris: mes noveno (novem: nove). Decembris: mes décimo (decem: dez).
Calendario xuliano
Os coñecementos astronómicos da época estableceran que un ano solar duraba 365 días e un cuarto, polo que para facer cadrar o ano coas estacións, o ano 46 a.C. Xulio César, que detentaba o cargo de Pontifex Maximus aquel ano, modificou o ano do seguinte xeito:
Eliminou os meses intercalares. Sumoulle dez días ao ano, transformando os meses de 29 días en meses de 30 ou 31: así xaneiro, agosto e decembro pasaron a 31 e abril, xuño, setembro e novembro a 30. O mes Quintilis pasou a chamarse Iulius na honra de Xulio César a partir do 44 a.C.. O mes Sextilis pasou a chamarse Augustus a partir do 8 a.C., na honra de Augusto. Estableceuse o ano bisesto: o total dos días do ano é de 365, pero o ano solar é de 365 e cuarto, polo que cada catro anos se daba un desfase dun día, ese día engádeselle a febreiro cada catro anos repetindo o día sexto antes das calendas de marzo (o 24 de febreiro): ante diem bis sextum kalendas martias. O pequeno desfase que aínda así se produce foi corrixido máis adiante coa reforma gregoriana. Calendario xuliano Ianuarius (31 días) Februarius (28 días) Martius (31 días) Aprilis (30 días) Maius (31 días) Iunius (30 días) Quintilis > Iulius (31 días) Sextilis > Augustus (31 días) Septembris (30 días) Octobris (31 días) Novembris (30 días) Decembris (31 días)
Cronoloxía Denominación dun ano Para fixar o ano dun acontecemento había diferentes sistemas: Fixalo a partir do comezo da era romana, que tiña como ano 1 o da fundación da cidade, cousa que ocorreu, segundoa tradición, o ano -753. Neste método os romanos escribían ab urbe condita (a.u.c.) tralo numeral do ano. A partir do comezo da época da República, coa instauración do consulado, o sistema era o de indicar a data mediante os nomes dos cónsules dese ano. Por isto, nunha das paredes do templo de Xúpiter no Capitolio fixábase cada ano un cravo e á beira inscribíase o nome dos cónsules; existía tamén unha lista dos cónsules anuais, chamadas fastos consulares. O sistema menos frecuente era o coñecido como "era republicana", que tomaba como ano 1 o da expulsión dos reis, ano -509 (post reges exactos). Deste xeito podiamos indicar os anos de tres xeitos, por exemplo o ano do consulado de Cicerón e da conxuración de Catilina (-63) podía expresarse para os romanos dos seguintes xeitos: DCXC ab urbe condita (ano 690 da fundación de Roma), M.Tulio, C. Antonio consulibus (Ano en que foron cónsules Marco Tulio e Gaio Antonio), CDXLVI post reges exactos (ano 446 trala expulsión dos reis).
Denominación dos días 400px|miniatura|Pintura da morte de Xulio César. Foi asasinado nos Idos de marzo: o día 15 de marzo. Para indicar os días do mes, os romanos tiñan un sistema moi complicado, herdado da época do calendario lunar primitivo. Non numeraban os días do 1 ao 31, senón que en cada mes había tres días clave, as datas fixas: Datas fixasNome latinoDefiniciónAs calendaskalendae, -arumAs calendas eran o primeiro día de cada mes, que debeu coincidir en principio coa Lúa nova. Desta palabra deriva a nosa de calendario.As nonasnonae, -arumAs nonas eran o día cinco de cada mes, excepto en marzo, maio, xullo e outubro nos cales as nonas eran o día sete. Era unha data intermedia, oito días antes dos idos e denominábase nonae porque era o noveno día contando o dos idos.Os idosidus, -uumOs idos eran o día trece de cada mes, excepto en marzo, maio, xullo e outubro, nos que eran o día quince. Xa que logo, era unha data móbil e correspondíase coa Lúa chea. Se querían indicar unha destas tres datas fixas, poñíana en ablativo xunto co adxectivo do mes correspondente: Kalendis Ianuariis, nas calendas de xaneiro (1 de xaneiro). Nonis Octobribus, nas nonas de outubro (7 de outubro). Se se trataba de indicar o día anterior ou posterior das tres datas anteriores, poñíase o adverbio pridie ou postridie seguido da data e do adxectivo correspondente do mes en acusativo. Por exemplo: Pridie Nonas Ianuarias, a véspera das nonas de xaneiro (4 de xaneiro). Postridie Idus Octobres, o día seguinte aos idos de outubro (16 de outubro). Se se trataba de calquera outra data, contábanse os días que faltaban para chegar ata a máis próxima das tres datas fixas e colocábase a expresión ante diem, seguida do número de días contado (expresado en numeral ordinal ou en números romanos), do nome da data fixa coa que se relacionaba, e do adxectivo do mes desta última, todos eles en acusativo. Para facer a conta tamén se sumaba o día da data fixa. Por exemplo: Ante diem sextum Kalendas Martias, o sexto día antes das calendas de marzo (24 de febreiro). En abreviatura escribiríase: a.d. VI kal. mar. Ante diem tertium kalendas apriles (30 de marzo). En abreviatura escribiríase: a.d. III kal. apr. miniatura|Calendario de misal medieval do mes de xuño, usando o calendario romano .