Os Sugar Land Space Cowboys son un equipo de béisbol estadounidense das Ligas Menores (Minor League Baseball) con sede en Sugar Land, Texas, na área metropolitana de Houston. O club, de clase Triple-A, compite desde 2021 na West Division da Pacific Coast League. Anteriormente, xogou nas ligas independentes Atlantic League (2012–2019) e Constellation Energy League (2020). Desde o seu ingreso en 2021 na Pacific Coast League, o equipo está afiliado aos Houston Astros da Major League Baseball (MLB). O equipo disputa os seus xogos como local no Constellation Field, un estadio inaugurado en 2012 con capacidade para 7.500 espectadores.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos das MiLB