SAC-A, acrónimo de Satélite de Aplicaciones Científicas A, foi un satélite artificial colaboración entre a CONAE Arxentina e a NASA lanzado o 4 de decembro de 1998 a bordo do transbordador espacial Endeavour desde Cabo Cañaveral durante a misión STS-88.
Características SAC-A foi exectado do transbordador espacial once días despois de chegar a órbita. Foi deseñado para probar diferentes tecnoloxías a ser usadas nos seguintes satélites da Arxentina. Tiña unha masa de 268 kg e levaba a bordo unha cámara cun detector CCD, un magnetómetro, células solares de nova tecnoloxía, un GPS diferencial e un experimento para o seguimento de baleas. O satélite reentrou na atmosfera o 25 de outubro de 1999, dez meses despois do seu lanzamento, cumprindo tódolos seus obxectivos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Endeavour
Ligazóns externas SAC-A na web de INVAP SAC-A na web do goberno da Arxentina
Categoría:Satélites artificiais