Eduardo Manuel Martín Losada, nado en Oviedo o 15 de setembro de 1891 e finado no Cabo da Cruz o 20 de abril de 1949, foi un escritor asturiano instalado en Galicia.

Traxectoria Naceu nunha familia de clase alta de Oviedo. A familia trasladouse a Galicia e Eduardo fixo o bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela, e despois matriculouse na Universidade de Santiago de Compostela, cidade na que residiría durante moi longo tempo. Colaborou en prensa e revistas. Relacionouse e fixo amizade co xornalista José Portal Fradejas, o escritor Manuel Ortiz Novo e o pintor Roberto González del Blanco e participou nas veladas político-literarias organizadas pola Juventud Jaimista en Compostela.Diario de Galicia, 29-3-1913, p. 1. En 1914 publicou o seu primeiro libro, o poemario El deboto de la Santa Poesía. Cinco anos despois apareceu en Santiago de Compostela a súa segunda obra, o ensaio Mirajes de Égloga. De cómo en el amor puro se espeja la cara de Dios. A partir deste momento, desapareceu do primeiro plano literario e só se lle coñece algunha colaboración puntual en revistas.

Obras Na súa obra combina xéneros literarios como a poesía sobre diversos temas (o amor, Deus, a natureza, o ser humano...) e os ensaios filosóficos, nos que desenvolve as súas inquedanza respecto ao mundo que o rodea.

Colaboracións en prensa e revistas literarias miniatura|Portada de El deboto de la Santa Poesía. Santiago de Compostela, 1914. Moi novo comezou a publicar en periódicos e revistas galegas. O seu primeiro traballo "Primavera" apareceu na Gaceta de Galicia o 29 de abril de 1909, e o poema "Lágrimas", uns días despois, o 1 de maio, na revista Vida Gallega. Tamén en 1909 colaborou activamente coa revista literaria Compostela, publicando en varios números. A partir dese ano, publicou varios poemas como "Solo" (Diario de Galicia, 11 de setembro de 1912), "Mientras la tarde muere..." (Noticiero de Vigo, 4 de novembro de 1912), "El devoto de la santa poesía" (que comprende tres poemas: "Los niños - La vida", "Íntima" e "La hora única" en El Eco de Galicia, 15 de febreiro de 1913), "La canción de la abuelita" (Diario de Galicia, 6 de marzo de 1913) o "Lo arcano" (Gaceta de Galicia, 11 de xuño de 1913 e La Correspondencia Gallega, 1 de xuño de 1913). Algúns destes poemas foron incluídos no libro El deboto de la Santa Poesía.

Tras este período, no apareceu ningún texto seu en prensa ata que o 4 de xuño de 1927 a revista literaria madrileña Gutiérrez publica o seu escrito "Un contratiempo" no seu número 5. Esta foi a súa última aparición literaria coñecida.

Libros thumb|Portada Mirajes de Égloga. Editorial de la Viuda de Pueyo. Madrid, 1920.

En 1909 o xornalista Abel Caballero Cornide publicou un artigo falando de Martín Losada como unha das maiores promesas da literatura galega e anunciando a aparición dun seu primeiro poemario, Prímulas, e dun libro de relatos, Cuentos de orilla mar, narracións do Cabo da Cruz e a súa contorna, que non chegaron a ver a luz.La Correspondencia Gallega, 24-4-1909, p. 2. El deboto de la Santa Poesía, 1914. Mirajes de Égloga. De cómo en el amor puro se espeja la cara de Dios, 1919.Mirajes de Égloga en Galiciana

Sinalar como curiosidade que Manuel Antonio relata ao seu curmán Roxelio Pérez González estar lendo con agrado Mirajes de Égloga, nunha carta recollidas na súa Correspondencia.Instituto da Lingua Galega. Tesouro informatizado da lingua galega (TILG).

Vida persoal

Casou con Manuela Rodríguez Silva e foi pai de Carmen, Ismael e Salvador Martín Rodríguez.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Historia de la lengua y la literatura castellana. (1908-1920). Tomo XIV. Julio Cejador y Franca. Imprenta de la “Rev. De Arch. Bibl. Y Museos". 1922. Franciscanismo Ibero-Americano en la historia, la literatura y el arte. (1927). Samuel Eiján. Biblioteca Franciscana. Barcelona, 1927. Bibliografía española: Órgano oficial de la Asociación de la Librería de España, Volumen 20. Federación Española de Productores, Comerciantes y Amigos del Libro. Kraus Reprint, 1967.

Catalogo general de la librería española e hispanoamericana, años 1901-1930, Volumen 3. Cámara Oficial del Libro de Madrid, Cámara Oficial del Libro de Barcelona. Kraus Reprint Company, 1935. Bibliografía española, Volumen 20. Federación Española de Productores, Comerciantes y Amigos del Libro. Asociación de la Librería, 1967.

Suroeste: relaciones literarias y artísticas entre Portugal y España (1890-1936). Volume 1. MEIAC, 2010.

Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1949