Bulbasaur (/ˈbʌLbəˌsɔːr/), coñecido como no Xapón, é o primeiro Pokémon da franquía de Nintendo e Game Freak, o número 1 da enciclopedia electrónica ficticia chamada PokéDex. Deseñado por Atsuko Nishida, Bulbasaur debutou en Pokémon Red e Blue como un dos Pokémon iniciais. Dende entón, reapareceu nas seguintes edicións dos xogos, en xogos spin-off, na mercadotecnia, nas adaptacións animadas e nos materiais impresos da franquía.

Coñecido como o Pokémon semente, Bulbasaur pode sobrevivir durante días só con luz solar. É un personaxe central no anime, sendo un dos Pokémon principais de Ash durante a primeira tempada, e posteriormente é obtido outro exemplar por May. Aparece en varios mangas, e é compañeiro do protagonista Red no manga Pokémon Adventures. Bulbasaur apareceu en innumerables pezas de mercadotecnia, incluídos xoguetes, chaveiros e bonecas de felpa.

Bulbasaur pode evolucionar en Ivysaur cando acada o nivel 16, e pode converterse en Venusaur no nivel 32. Venusaur tamén pode evolucionar en Mega Venusaur se o xogador o equipa con Venusaurite, mais esta función só se engadiu nos xogos de Pokémon en Pokémon X e Y.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de pokémons Ligazóns externas Bulbasaur en Pokemon.com

Categoría:Especies de Pokémon