Dennis "Duke" Nalon (2 de marzo de 1913 - 26 de febreiro de 2001) foi un piloto estadounidense da Indy 500 de Chicago, Illinois.

Andaina nas carreiras Nalon comezou como membro do equipo en boxes para Wally Zale. Nalon quentaba ocasionalmente o coche. Cando Walter Galven necesitou un piloto, Zale convenceu a Galven para que permitise correr a Nalon. Nalon gañou o evento.Biography at the National Midget Auto Racing Hall of Fame

Nalon foi alcumado "O duque de ferro". Nalon formou parte da "Chicago Gang" con Tony Bettenhausen. Fixeron unha xira polos circuítos d medio oeste e a costa leste dos Estados Unidos.

Coches midget Nalon gañou carreiras na costa leste dos Estados Unidos na década de 1930. Nalon competiu en coches midget ao longo da súa carreira. Correu a súa última carreira na única carreira de migets de en Terre Haute. Levou ao famoso midget de Johnny Pawl á vitoria. Rematou a súa carreira como comezou: cunha vitoria.

Coches sprint Gañou o campionato da Costa Leste de 1938 da AAA Sprint car.

Coches indy Nalon comezou dez carreiras nas 500 Millas de Indianápolis, acabando só 3. Partiu da pole dúas veces e fixo dúas veces a volta rápida. En 1947, competiu nun Mercedes-Benz W154.

Accidente nas 500 Millas de Indianápolis de 1949 En 1949, estivo involucrado nun accidente masivo e con lume na curva 3. Chocou contra omuro e o coche estalou en chamas. Sobreviviu porque retivo a respiración (para evitar a asfixia) e saltou do coche mentres aínda estaba en movemento. Tiña graves queimaduras nas pernas o que lle provocou problemas ata a súa morte en 2001.

Resultados na Indy 500

AnoDuke Nalon Indy 500 Race Stats CocheSaídaCual.Ranq.FinalVoltasLíderRetirada19384333113.82833111780Bandeira final19402125121.79024221200Barra19411730122.95117151730Bandeira final19465432119.6822922450Xunta universal19474618128.0822161190Pistón19485411131.6031 3º2009Correndo1949541132.9391292323Accidente curva 31951181136.4982101510Estancado BS1952364136.188825840Supercharger1953926135.46130111910Trompo curva 3Totals128432

Saídas10Poles2Primeira liña2Vitorias0Top 51Top 102Retiradas7

Resultados completos na Fórmula 1 (Chave) (carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida) Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Novi Mobil Kurtis Kraft Novi L8 GBR MON 500 SUI BEL FRA ITA NC 0 Novi Purelube Kurtis Kraft Novi L8 SUI 500 BEL FRA GBR ALE ITA ESP NC 0 Novi Pure Oil Kurtis Kraft Novi L8 SUI 500 BEL FRA GBR ALE NED ITA NC 0 Novi Governor Kurtis Kraft Novi L8 ARX 500 NED BEL FRA GBR ALE SUI ITA NC 0 Novi Pure Oil Kurtis Kraft Novi L8 ARX 500 BEL FRA GBR ALE SUI ITA ESP NC 0

Resumo da súa carreira no Campionato Mundial As 500 Millas de Indianápolis formou parte do Campionato Mundial FIA desde ata . Os pilotos que competiron na Indy durante eses anos puntuaron e participaron no Campionato Mundial. Duke Nalon participou en 3 carreiras do Campionato do Mundo. Comezou na pole unha vez pero non logrou puntuar no Campionato Mundial.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Pilotos das 500 Millas de Indianápolis