Os Worcester Red Sox, aclumados WooSox, son un equipo de béisbol estadounidense das Ligas Menores (Minor League Baseball) con sede en Worcester, Massachusetts. O club, de clase Triple-A, compite na Northeast Division da International League. Fundada no 2021, a franquía está afiliada aos Boston Red Sox da Major League Baseball, sucedendo así aos Pawtucket Red Sox. O equipo xoga os seus encontros como local no Polar Park, un estadio inaugurado en 2021 con capacidade para 9.508 espectadores. A capacidade do estadio fai referencia ao prefixo telefónico 508 da zona.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos das MiLB