Javier Costas Comesaña, coñecido como Ligero, nado en Coruxo (Vigo) o 3 de decembro de 1909 e finado en Vigo en decembro de 1996, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Carpinteiro veciño de San Miguel de Oia. Na Segunda República foi secretario do Sindicato Agrícola de San Miguel de Oia e secretario do Partido Comunista de Canido. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. O seu irmán Manuel Costas Comesaña foi paseado en Mos o 22 de setembro de 1936.

Javier Costas, foi procesado nas causas 646/36,Méixome Quinteiro (2007-2009), p. 158 805/36 e 52/37. Reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria o 12 de novembro xunto con José Gabriel Rodríguez Domínguez.El Pueblo Gallego, 13-11-1936, p. 4. A Xunta Provincial de Incautación de Bens determinou a apertura de expediente de responsabilidades políticas.Diario de Pontevedra, 9-9-1937, p. 2. En 1940 foi condenado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas a 500 pesetas de multa, 15 anos de inhabilitación e 10 anos de desterro a 150 quilómetros de Vigo.El Pueblo Gallego, 8-6-1940, p. 2. Permaneceu entobado ata o 18 de xullo de 1948, cando se entregou ás autoridades franquistas. Procesado na causa 52/37, foi acusado de rebelión, e o fiscal solicitou vinte anos de reclusión, conmutábel pola de tres anos de prisión. Finou en Vigo en decembro de 1996.Faro de Vigo, 3-12-1986, p. 41.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas A noite dos mozos solteiros En Priegue non hai chivatos

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1986