O Pikkupalatsi (en galego Pequeno Palacio) é un edificio neorrenacentista do ano 1898 situado nan esquina das rúas Hämeenpuisto e Puuvillatehtaankatu, no barrio de Finlayson, no centro da cidade de Tampere, Finlandia. O palacio foi deseñado polo arquitecto Fredrik Thesleff. O edificio ten tres pisos, dos cales o máis alto é o piso residencial, o primeiro andar está destinado a eventos, e baixo este último o soto. O seu interior orixinal consérvase como o creou o fundador da fábrica de mobles Iris, o artista Louis Sparre. O edificio está protexido por un plano municipal.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do Pikkupalatsi Imaxes panorámicas do Pikkupalatsi
Categoría:Palacios de Finlandia Categoría:Edificacións de Tampere