Jesús Romero Suárez, nado en Beba (Mazaricos) o 23 de novembro de 1899 e finado en Guiliade (Betanzos) en xaneiro de 1949, foi un mestre e escritor galego.
Traxectoria Mestre. En 1921, na guerra do Rif, foi destinado a Marrocos co Batallón Expedicionario de Rafael Dieste. Con Dieste e Xosé María Brea, con quen despois continuou a amizade, editaron a revista manuscrita Charamuscas. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1925.El Compostelano, 29-5-1925, p. 2. Foi nomeado mestre interino en Cima de Aranga (Aranga) en setembro de 1925,El Ideal Gallego, 10-9-1925, p. 1. e mestre substituto de Beba en 1928.El Eco de Santiago, 13-3-1928, p. 3. Aprobou as oposicións en 1930,El Compostelano, 5-9-1930, p. 2. e foi nomeado mestre de Piadela en 1931.El Ideal Gallego, 11-4-1931, p. 3.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído e cesado en agosto.Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 21-8-1936, p. 1. Reposto pola Comisión Depuradora, en xuño de 1938 foi destinado a Pezobre (Santiso).La Voz de Galicia, 1-6-1938, p. 2. En setembro de 1940 resolveuse o seu expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo por dous meses e traslado forzoso fora da provincia.El Compostelano, 28-9-1940, p. 2. Foi destinado a Oviedo, e en xullo de 1947 concedéronlle o traslado ao Cabo da Cruz (Boiro).El Correo Gallego, 10-7-1947, p. 2.
Vida persoal
Casou con María Veiga López. Notas
Véxase tamén Bibliografía Charamuscas, a revista de Rafael Dieste na guerra de África / Xosé Ramón Brea Rey Outros artigos Depuración franquista do maxisterio
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Mazaricos Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes