Harrison Hagan "Jack" Schmitt, nado en Santa Rita, Novo México, o 3 de xullo de 1935, é un astronauta que formou parte da misión Apollo 17.

Traxectoria Schmitt graduouse en ciencias polo Instituto de Tecnoloxía de California en 1957. Doutorouse en xeoloxía pola Universidade de Harvard en 1964. Participou na misión Apollo 17, pasando un total de 12,58 días no espazo. Foi o único científico en pisar a Lúa durante o proxecto Apollo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Apollo 17

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1935 Categoría:Nados en Novo México